Autor: MUSIKEANDO

  • O XOGO CHIRIMBOLO

    Unha canción para os máis pequenos coa que cantaremos e bailaremos, pero non serei eu quen lles ensine, serán os nenos que están agora en 4º de primaria.

    Vexamos eses vídeos!




    Pero que ben o facían!


    E agora imos coa canción.




  • O MONSTRO DE CORES: CONTO MUSICAL


    No primeiro trimestre deste curso iniciamos o Proxecto “Somos compositores: O monstro de cores”.

    Os nenos de 3º curso de primaria convertiron esta historia nun conto musical. 

    Elixiron os instrumentos e compuxeron as partituras, excepto a dunha emoción coa que quixeron facer un pequeno homenaxe ao Nadal.

    Representaron o conto no Festival de Nadal, con gran aceptación por parte do público.

    Neste segundo trimestre toca gravar o conto en vídeo e facelo tamén en papel, xa que formará parte da nosa biblioteca.

    O vídeo xa está listo e quedou moi simpático. Esperamos que vos guste!




  • XA CHEGA O ENTROIDO!

    Estamos na semana do entroido e aínda seguimos a celebrar unha festa reivindicativa pedindo a construcción do novo colexio.

    Xa que o proxecto deste curso é “A biblioteca que queremos” darémoslle vida a moitos deses libros que se apachocan nos andeis.

    OS CONTOS COBRARÁN VIDA!

    E como o entroido e tempo de troula non poderán faltar os bailes e as cancións e este ano todos xuntos danzaremos ao ritmo de Ku Tschi Tschi e Sete saltos.

    Os nenos de 2º B e 5º B móstrannos estas danzas.







    E por se isto non fora pouco un ano máis Mon, o noso letrista particular, adaptou un famosísimo tema e cociñou “RAPIDIÑO”.




  • INSTRUMENTOS DE CORDA PULSADA

    O pasado xoves recibimos a visita de Mon, o pai de Andrea, que nos contou moitas cousas interesantes sobre dous instrumentos da familia da corda pulsada: a bandurria e a guitarra española.

    Mon contestou ás preguntas que lle fixeron os nenos e tocou os dous instrumentos. Foi xenial!





    Para rematar esta clase tan interesante Andrea tocou unha peza preciosa coa bandurria, acompañada polo seu pai.










  • IMAGINE: MUSICOGRAMA


    Con este musicograma practicaremos un acompañamento para a canción, utilizando a percusión corporal.

    Soará moi ben! Ánimo e a traballar!!!