Autor: MUSIKEANDO

  • PEQUENOS ARTISTAS!

    O pasado martes Fran, de 3º B, trouxo o seu trombón a clase para ensinarnos como toca.

    Tendo en conta que acaba de empezar a estudiar instrumento podemos dicir que temos ante nos a un prometedor artista.

    Déixovos un vídeo para que vexades que ben o fixo. 😊

  • MARCHA RADETZKY

    A Marcha Radetzky é unha composición de Johann Strauss (pai), escrita no ano 1848.

    Johann Strauss naceu e morreu en Viena e é o primeiro dunha dinastía de grandes músicos, xa que os tres fillos que tivo tamén dedicáronse a compoñer música.

    A súa obra máis coñecida é a Marcha Radetzky. Esta marcha compúxoa en honor a un militar austríaco chamado Radeztky que gañou varias batallas durante unha revolución.

    Premede na imaxe e escoitaredes a melodía.

    A Marcha Radetzky é mundialmente famosa porque se interpreta, por parte da Orquestra Filarmónica de Viena, o día 1 de xaneiro de todos os anos no Concerto de Ano Novo.

    Mentres soa esta música o director vólvese cara o público e diríxeo para que toque palmas seguindo o pulso da melodía e marcando as diferentes intensidades.

    Este concerto celébrase dende o ano 1939 e transmítese por radio e por televisión a todo o mundo.

    Os directores invitados a levar na batuta neste concerto son os mellores do mundo.

    Déixovos o vídeo do concerto deste ano baixo a batuta de Gustavo Dudamel.

  • A NOSA CANCIÓN!

    Despois de visionar os vídeos e de traballar coa melodía comezamos a escribir a letra da nosa canción.

    Premede na imaxe porque tedes máis información.