Autor: MUSIKEANDO

  • ESTANDO A MORA NO SEU LUGAR

    Imos cunha divertida canción acumulativa, “Estando a mora no seu lugar”.

    Prestade moita atención e non esquezades ningún personaxe!

  • DIME QUE FIXECHES!

    Cantaremos un clásico do grupo MIGALLAS. 

    A canción “Dime que fixeches” a bo fe converterase nun éxito entre os máis pequenos do cole, pero temos un pequeno problema. Resulta que dous personaxes da canción non están na clase de música.

    A cegoña coma ten moita vergoña escondeuse dos nenos e Antón non quixo deixala soa e agachouse con ela.

    Pepiño contounos que están agachados polo cole, non é a primeira vez que o fan, e que temos como misión atopalos.
    Explicounos que fai moitos anos xa escaparan da aula de música e que os nenos argallarán un plan  para atopalos que deu moi bos resultados.

    O plan tiña dúas partes: a primeira parte consistiu en aprender a cantar a canción moi ben e a segunda parte foi ir por todo o colexio cantando a canción baixiño ata que a escoitaron a cegoña e Antón e sairon do seu escondite.

    Como o plan foi todo un éxito este ano faremos o mesmo a ver se os atopamos pronto.

    Imos coa primeira parte, APRENDAMOS A CANCIÓN MOI MOI BEN!

  • TOCAMOS O HIMNO GALEGO

    O próximo día 17 de maio celebraremos o Día de Galiza e este ano, que está dedicado ao escritor Carlos Casares, tocaremos para pechar a festa o noso himno.

    Premede na bandeira para ver o vídeo e a partitura.