Autor: MUSIKEANDO

  • O ENTROIDO DOS ANIMAIS: O LEÓN

    Camille Saint-Saëns compuxo a obra “O entroido dos animais” na que imos coñecendo a diferentes animais a través da música.

    O animal que coñeceremos hoxe é o león, o rei da sabana.

    Escoitade a música de Saint-Saëns nos seguintes vídeos.

  • KOKOLEOKÓ

    Achegámonos a África da man de Wangari e agora imos aprender unha canción tradicional titulada “Kokoleoko”, que xa traballamos na clase de música fai algúns anos.

    Clicade na ilustración para escoitala.

  • SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA

    O luns 6 de febreiro os alumnos de 3º e 4º asistiredes a un concerto de “Gaiteiros da Xistra” en Pontevedra.

    Veremos unha divertida historia que transcurre na república independente de Xistralia. 
    Non a busquedes nos mapas porque non a atoparedes pero asegúrovos que está aí, exactamente ocupa parte do sur de Galicia e do norte do pais veciño, Portugal.

    En Xistralia viviremos unha aventura da man dunha rapaza chamada Sandra e dun caracol, que quere ser músico, chamado Meirol. Os dous deberán liberar aos nenos de Xistralia que foron raptados por Terco, un dragón de dúas cabezas. Terco rapta aos nenos e agocha os instrumentos musicais para que non poida haber festas.

    Coñeceremos moitos instrumentos e diferentes ritmos galegos e axudaremos a Sandra e a Meirol a liberar aos rapaces. En Xistralia todo pode pasar!!!

    Aquí temos uns pequenos fragmentos do espectáculo para ir abrindo boca!