Autor: MUSIKEANDO

  • SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA

    O luns 6 de febreiro os alumnos de 3º e 4º asistiredes a un concerto de “Gaiteiros da Xistra” en Pontevedra.

    Veremos unha divertida historia que transcurre na república independente de Xistralia. 
    Non a busquedes nos mapas porque non a atoparedes pero asegúrovos que está aí, exactamente ocupa parte do sur de Galicia e do norte do pais veciño, Portugal.

    En Xistralia viviremos unha aventura da man dunha rapaza chamada Sandra e dun caracol, que quere ser músico, chamado Meirol. Os dous deberán liberar aos nenos de Xistralia que foron raptados por Terco, un dragón de dúas cabezas. Terco rapta aos nenos e agocha os instrumentos musicais para que non poida haber festas.

    Coñeceremos moitos instrumentos e diferentes ritmos galegos e axudaremos a Sandra e a Meirol a liberar aos rapaces. En Xistralia todo pode pasar!!!

    Aquí temos uns pequenos fragmentos do espectáculo para ir abrindo boca!

  • QUEREMOS PAZ!

    Comezamos o ano cunha canción do grupo mexicano de rock latino Maná, titulada “Queremos paz”. 

    Traballaremos esta marchosa canción para celebrar o “Día escolar da non violencia e da paz”.

    Premede na imaxe!

  • FELICES FESTAS!!!

    Tras un trimestre de moito traballo deséxovos  FELICES FESTAS!!!

    A repoñer forzas para a volta ao traballo alá polo mes de xaneiro!

  • FELICES FESTAS!!!

    Tras un trimestre de moito traballo deséxovos  FELICES FESTAS!!!

    A repoñer forzas para a volta ao traballo alá polo mes de xaneiro!