ATRAPA A CORCHEA!!!

Ola chicos, aínda que vos dixen que subiría os xogos que fixéchedes con Scratch non podo facelo xa que a versión que a Consellería instalou nos vosos ordenadores é antiga e non podo subilos á miña conta. É unha pena porque estaban moi chulos!

Déixovos un pequeno xogo que fixen eu para que pasedes o rato atrapando corcheas. 

FELICES VACACIÓNS!!!

PROGRAMANDO CON SCRATCH

Nestas derradeiras clases aprendichedes unhas nocións moi básicas de programación con SCRATCH.

Debedes escribir a partitura de "Campaneiro", que xa tocáchedes fai tempo e que está no blog, utilizando esta linguaxe de programación.

Tedes que elixir un escenario no que poñer un personaxe que toque a melodía.

Aquí vos deixo o manual que xa vos pasei encuadernado.

Non vos esquezades de pasarme os vosos arquivos para que poida publicalos. Estaban quedando chulísimos!!!

BIOGRAFÍA DA MUIÑEIRA

"Biografía da muiñeira" é un poema de Manuel María que imos cantar, bailar e tocar con cunchas e pandeiretas.

Aquí vos deixo a letra e a canción.

No corpo delgado
pola primaveira
nace a muiñeira.

No corpo belido
da perna lixeira
faise a muiñeira.

Pra ser muiñeira
nace a primaveira! (ESTRIBILLO)

No corpo lixeiro
como una peneira
baila a muiñeira.

No corpo belido
que non ten amigo
chora a muiñeira.

ESTRIBILLO

No corpo delgado
que está namorado
canta a muiñeira.

Que queira ou non queira
baixo a abelaneira
queda a muiñeira.

ESTRIBILLO

A perna lixeira
peneira e peneira
baixo a abelaneira
pra ser muiñeira.

ESTRIBILLO