Autor: MUSIKEANDO

  • ATRAPA A CORCHEA!!!

    Ola chicos, aínda que vos dixen que subiría os xogos que fixéchedes con Scratch non podo facelo xa que a versión que a Consellería instalou nos vosos ordenadores é antiga e non podo subilos á miña conta. É unha pena porque estaban moi chulos!

    Déixovos un pequeno xogo que fixen eu para que pasedes o rato atrapando corcheas. 

    FELICES VACACIÓNS!!!

  • PROGRAMANDO CON SCRATCH

    Nestas derradeiras clases aprendichedes unhas nocións moi básicas de programación con SCRATCH.

    Debedes escribir a partitura de “Campaneiro”, que xa tocáchedes fai tempo e que está no blog, utilizando esta linguaxe de programación.

    Tedes que elixir un escenario no que poñer un personaxe que toque a melodía.

    Aquí vos deixo o manual que xa vos pasei encuadernado.

    Non vos esquezades de pasarme os vosos arquivos para que poida publicalos. Estaban quedando chulísimos!!!

  • BIOGRAFÍA DA MUIÑEIRA

    “Biografía da muiñeira” é un poema de Manuel María que imos cantar, bailar e tocar con cunchas e pandeiretas.

    Aquí vos deixo a letra e a canción.

    No corpo delgado
    pola primaveira
    nace a muiñeira.

    No corpo belido
    da perna lixeira
    faise a muiñeira.

    Pra ser muiñeira
    nace a primaveira! (ESTRIBILLO)

    No corpo lixeiro
    como una peneira
    baila a muiñeira.

    No corpo belido
    que non ten amigo
    chora a muiñeira.

    ESTRIBILLO

    No corpo delgado
    que está namorado
    canta a muiñeira.

    Que queira ou non queira
    baixo a abelaneira
    queda a muiñeira.

    ESTRIBILLO

    A perna lixeira
    peneira e peneira
    baixo a abelaneira
    pra ser muiñeira.

    ESTRIBILLO