Autor: O canto do merlo

  • Maios 2012 / 4º Curso

    Por aquí deixamos a mostra do 4º Curso! Xa sabes, pincha nas imaxes para amplialas.




  • Unha sesión moi primaveral

    É un clásico traballar coa audición “La Primavera” de Antonio Vivaldi, pero sempre resulta exitosa. Os máis pequenos disfrutan con esta música dunha forma indescriptible, por iso, mellor que contalo é velo nas imaxes que narran á perfección o disfrute dos alumnos e alumnas de Infantil.


      pincha na imaxe para ampliar


    Unha aperta!

    O.
       


  • Maios 2012 / 3º Curso

    As coplas e algunha foto dos Maios de 3º Curso!




    COPLAS DE 3º CURSO

    Abride ben as orellas
    avisade aos compañeiros
    aquí chegan, aquí veñen
    as cantigas de terceiro.
    ___

    Este ano 2012
    éche o da fin do mundo
    profe, déixanos os xogos
    non perdamos un segundo.
    ___

    Catro peixes hai na clase
    moito cariño lles temos
    comen sopiña de cores
    e un deles chámase Nemo.
    ___

    Estudamos os morcegos
    aprendemos moitas cousas
    comen froita e pexegos
    tamén mosquitos e moscas.
    ___

    E veu a profe Lorena
    a ver como traballamos
    divertímonos con ela
    e tamén multiplicamos.
    ___

    Batede con forza as mans
    que xa estamos rematando
    ben merecen un apluso
    estes nenos que cantaron.
    ___

    Unha aperta!

    O.
  • Maios 2012 / 2º Curso

    Os alumnos de 2º Curso compuxeron unhas coplas preciosas e ademáis o fixeron moi ben!



    COPLAS DE 2º CURSO

    Estas son as nosas coplas
    este ano imos cantar
    somos nenos de segundo
    e a terceiro imos pasar.
    ___

    Coa nosa profe Maricha
    sempre con ela xogamos
    movemos o noso corpo
    mira que ben o pasamos.
    ___

    Esta nosa profe Olga
    ensínanos a cantar
    tamén a vida de Mozart
    que moi ben sabía tocar.
    ___

    Estas son as nosas profes
    Silvia, Carmen e Isabel
    aprendemos moitas cousas
    e o pasamos moi ben.
    ___

    Despedímonos de todos
    xa nos temos que marchar
    este Maio é bonito
    pero temos que estudar.
    ___

    Unha aperta!

    O.
  • Maios 2012 / 1º Curso

    Aquí están as coplas e algunha foto dos Maios dos alumnos e alumnas de 1º Curso. Pincha nas fotos para velas a maior tamaño. Parabéns, rapaces!



    COPLAS DOS ALUMNOS DE 1º CURSO

    Os alumnos de primeiro
    querémosvos compoñer
    unhas copliñas dos maios
    para que o pasedes ben.
    ___

    Estamos no mes de maio
    nacen xestas e carballos
    e acércase o día
    de cantar todos os maios.
    ___

    Rematamos xa primeiro
    un pouquiño alterados
    esperemos que en segundo
    xa se nos teña pasado.
    ___

    Nestes días na campiña
    flores todos recollemos
    traerémolas axiña
    para o Maio que facemos.
    ___

    Unha aperta!

    O.