TODOS SOMOS CAPITANES

Entre pitos e frautas... o tempo voa... e aquí andamos de novo, tentando manter a flote ao Canto do Merlo, que nunca se apague o seu canto!

Xa estamos nun novo curso! Uff... si que pasa o tempo... coas mesmas ganas ou máis de seguir aprendendo e compartindo. Desta volta compartimos este video fermoso de Magín Blanco, que seguro os amantes dos disco-libros xa coñecedes. Baixo o título de "A nena e o grilo nun barquiño", Magín Blanco bríndanos cancións de verdadeira calidade musical, que se fan imprescindibles para o noso traballo de aula. Aquí tedes o video de "Todos somos capitanes". Disfrutadeo!!

Apertas!

DÍA DA PAZ 2014

Bos días!!

Achégase o Día da Paz deste 2014 e xa estamos sumerxidos nos cantos que imos facer neste día. Farémolo por Ciclos. Así que compartimos as cancións por se alguén cae por aquí e lle gusta a idea.

Infantil 3 anos + 4 anos + 5 anos cantarán "Cantarela dos Nenos", unha letra de Xosé Neira Vilas. Esta canción é moi popular e a cantan moitísimos colexios neste día.

1º Ciclo cantará "Ninguén se quede atrás". Esta canción está traducida do castelán, non aparecía por ningún lado en galego. Ademáis está lixeiramente reducida, porque era bastante longa para memorizala para os nenos de 1º Ciclo. Noutro post deixarei a letra final.

2º Ciclo cantará unha canción de Eurojunior 2004, "Lluvia de amor". Nesta ocasión non foi posible facer a traducción ao galego, pero é tan fermosa e ten unha música tan contaxiosa que non podíamos resistirnos. Todos os nenos están encantados con esta canción.

3º Ciclo interpretará coa frauta doce o tan coñecido "Himno a la alegría". Penso que pode quedar precioso interpretado por tantas frautas. Os alumnos xa están a memorizar a partitura. Seguro que sae impresionante!

Xa vos irei contando os avances!!

Un saúdo,

oa

"HECHO CON TUS SUEÑOS"

Os medios de comunicación tamén poden aportarnos ferramentas para as nosas clases, só hai que filtrar... Deixo a canción do Nadal pasado do grupo Maldita Nerea "Hecho con tus sueños", unha canción fermosa, divertida e alegre, que evoca perfectamente o espíritu navideño para aqueles mestres de música que opten por ensinar outro tipo de cantos fora das típicas panxoliñas que, por outro lado, non nos competen.

"Si tengo un sueño me lo como entero!!"