Etiqueta: 3º CURSO

  • Letras Galegas 2012

     Queremos compartir un trociño da xornada que pasamos no CEIP de Viñas o día da celebración das Letras Galegas, este ano adicado a Valentín Paz Andrade.


    Unha aperta!

    O.
  • Parabéns aos nosos alumnos/as!!

     Concurso literario Xaime Illla Couto 

    Aínda que non é unha noticia  musical, sempre é un orgullo que os nosos alumnos/as acaden premios e sintan que o seu labor ten unha recompesa.   

    O 8 de maio de 2012 reuniuse o Consello Municipal de Cultura, presidido pola concelleira Silvia Díaz, en sesión extraordinaria, para fallar o XX Concurso literario Xaime Illa Couto. Entre as persoas gañadoras temos alumnado deste centro de 6º de primaria. Dámoslle a noraboa polo premio conseguido (diploma, lote de libros e 70 euros). Os nosos gañadores: Alejandro Blanco Costas, Nerea Oubiña Viñas e Antía Vázquez Corredoira. Parabéns!!

    Recorte de prensa recollido hoxe 18 de Maio de 2012 no xornal “Faro de Vigo”
    Pincha na imaxe para ampliar.
    Antía, a terceira pola esquerda, Nerea a cuarta pola esquerda e Alejandro no centro, vestido de gris.


    Unha aperta!

    O.
  • Letras Galegas 2012

    Dende O Canto do Merlo desexamos un Feliz Día das Letras Galegas!

    Este ano adicado á figura de Valentín Paz Andrade. Dende O CEIP de Viñas, traballamos a vida deste autor, confeccionando un mural entre todas as unidades dos Centro. Ademáis tivemos un ratiño para celebralo con xogos tradicionais. Posteriormente realizamos a lectura dun Manifesto polo Galego. Ademáis, como broche final, algúns alumnos de 6º Curso, recitaron uns poemas de composición propia. Un luxo de xornada. 

    Rosalía de Castro


    Valentín Paz Andrade
    Unha aperta!

    O.
  • ¡UNA TROMPETA EN CLASE!

    En esta ocasión ha sido en la clase de 3º, Emma nos ha traído la trompeta, nos ha explicado sus partes y nos ha tocado una canción. 
    Impresionante la trompeta. ¿Queréis verlo?



    Gracias Emma.
  • Maios 2012 / 3º Curso

    As coplas e algunha foto dos Maios de 3º Curso!




    COPLAS DE 3º CURSO

    Abride ben as orellas
    avisade aos compañeiros
    aquí chegan, aquí veñen
    as cantigas de terceiro.
    ___

    Este ano 2012
    éche o da fin do mundo
    profe, déixanos os xogos
    non perdamos un segundo.
    ___

    Catro peixes hai na clase
    moito cariño lles temos
    comen sopiña de cores
    e un deles chámase Nemo.
    ___

    Estudamos os morcegos
    aprendemos moitas cousas
    comen froita e pexegos
    tamén mosquitos e moscas.
    ___

    E veu a profe Lorena
    a ver como traballamos
    divertímonos con ela
    e tamén multiplicamos.
    ___

    Batede con forza as mans
    que xa estamos rematando
    ben merecen un apluso
    estes nenos que cantaron.
    ___

    Unha aperta!

    O.