Parabéns aos nosos alumnos/as!!

 Concurso literario Xaime Illla Couto 

Aínda que non é unha noticia  musical, sempre é un orgullo que os nosos alumnos/as acaden premios e sintan que o seu labor ten unha recompesa.   

O 8 de maio de 2012 reuniuse o Consello Municipal de Cultura, presidido pola concelleira Silvia Díaz, en sesión extraordinaria, para fallar o XX Concurso literario Xaime Illa Couto. Entre as persoas gañadoras temos alumnado deste centro de 6º de primaria. Dámoslle a noraboa polo premio conseguido (diploma, lote de libros e 70 euros). Os nosos gañadores: Alejandro Blanco Costas, Nerea Oubiña Viñas e Antía Vázquez Corredoira. Parabéns!!

Recorte de prensa recollido hoxe 18 de Maio de 2012 no xornal "Faro de Vigo"
Pincha na imaxe para ampliar.
Antía, a terceira pola esquerda, Nerea a cuarta pola esquerda e Alejandro no centro, vestido de gris.


Unha aperta!

O.

Letras Galegas 2012

Dende O Canto do Merlo desexamos un Feliz Día das Letras Galegas!

Este ano adicado á figura de Valentín Paz Andrade. Dende O CEIP de Viñas, traballamos a vida deste autor, confeccionando un mural entre todas as unidades dos Centro. Ademáis tivemos un ratiño para celebralo con xogos tradicionais. Posteriormente realizamos a lectura dun Manifesto polo Galego. Ademáis, como broche final, algúns alumnos de 6º Curso, recitaron uns poemas de composición propia. Un luxo de xornada. 

Rosalía de Castro


Valentín Paz Andrade
Unha aperta!

O.