Etiqueta: 6º CURSO

  • Escatumbararibe

    Hoxe atopei este vídeo na rede… e deume a fantástica idea de poñernos a traballar cos alumnos de 6º Curso con este xogo de palabras e de mans! Parece dificil? Parece, verdade? Pero confío moito en que o imos a conseguir. Aquí deixo o vídeo e a letra da canción. A letra da parte do xogo aínda non a teño, pero vou a seguir na búsqueda.

    Pertence ao libro “Lenga la Lenga: juegos de manos y vasos”, dos brasileiros Viviane Beineke e Sérgio Paulo Ribeiro de Freitas.



    Letra:
    Zum Zum Zum
    Escatumbararibê
    Escatumbararibê
    Escatumbatinga
    Auê sarubê abá
    Escatumbararibê
    Escatumbatinga.

    Apertas!

    O.
  • Unha bonita canción para aprender

    Xa no curso pasado traballamos cunha canción do cantautor Pedro Guerra. Tivo moito éxito, gustou moito aos alumnos do 3º Ciclo, así que aproveitando que Pedro Guerra acabo de editar disco, traballaremos novamente unha das súas cancións. Nesta ocasión, “Monarca”, que fala dunha mariposa viaxeira. Aquí deixo o vídeo para que vaiades escoitando a melodía.

  • O compositor do mes é… VIVALDI

    Por fin rematamos o mural do compositor do mes. Traballo dos alumnos e alumnas de 6º Curso. Agora xa estamos pensando na investigación do compositor do próximo mes! Podedes ver algunha foto:



    Unha aperta!

    O.