A FAMILIA ADDAMS

Durante o mes de outubro acompañaranos na clase de música Silvia Morgade, ex alumna do colexio que agora está estudiando Maxisterio. Este curso é o seu último ano e fará prácticas connosco.

Como pronto celebraremos o Samaín, Silvia deseñou unha tarefa con diferentes actividades que desenvolverá co alumnado de 6º curso. Por suposto pode contar coa colaboración de todos.

MOITO ÁNIMO SILVIA!!!




"A familia Addams" foi unha serie de televisión estadounidense para todos os públicos que se emitiu dende o ano 1964 ata o 1966.

A serie estaba formada por 64 capítulos de trinta minutos de duración, filmados en branco e negro.

Os Addams son unha familia macabra e con habilidades sobrenaturais. Está formada por Gomez Addams, a súa esposa Morticia, dous fillos, un tío e a avoa. Viven na rúa do Cementerio nº 0001 nunha gran mansión con dous serventes e con unha man sen corpo que sae dunha caixa de madeira.

O humor da serie baseábase no choque cultural entre os costumes de familia e os do resto do mundo.

No ano 1991 estreouse a primeira película titulada "A familia Addams", que conta a historia do tío Fétido, que despois de levar anos perdido regresa a casa, feito que aproveitará unha malvada muller para intentar roubar todo o que a familia posee, incluida a súa mansión.

Da película filmáronse dúas partes máis.

Tamén se fixeron diferentes series con debuxos animados e agora prepárase unha película de animación que se estreará no ano 2019.

Vexamos unhas esceas da serie orixinal.



Aquí deixámosvos a letra da canción, da versión en castelán.


La nieta, el tío y la abuela,
el padre de alta cuna,
la bella madre de una
familia muy normal.

Si van a visitarla
no esperen una fiesta
así verán a esta
familia tan normal.

Que hermosura!
Que dulzura!
Que locura!

Si quieren divertirse
que al cabo no les cuesta
aquí es la casa de esta
familia muy normal.

Ata os Simpsons quixeron converterse na familia Addams.



E non podía faltar un musical. Aquí tedes o que se representou no noso pais.

 








EL REY LEÓN: A-WEEMA-WEH



"O rei león" é unha película producida por Disney.

Estreouse no ano 1994 e é a primeira película animada de Disney que conta unha historia orixinal.

A sabana africana e o escenario no que teñen lugar as aventuras de Simba, un pequeno león que é o herdeiro do trono.
Simba é inxustamente acusado polo malvado Scar da morte do seu pai polo que se ve obrigado a marcharse.
Durante o tempo que está fora da súa casa fai boas amizades e grazas ao seu apoio volverá para recuperar o que é seu, o trono.





Da historia do rei león tamén se fixo un musical que triunfa en todo o mundo.




Imos aprender unha canción que cantaba Simba cos seus amigos Timón e Pumba.

 





A-weema-weh…

En la jungla, la negra jungla
dormido está el león.
En la jungla, calmada jungla
dormido está el león.

En la aldea, tranquila aldea
dormido está el léon.

Calma niño, mi dulce niño
dormido está el león.

A-weema-weh…