A VACA MARELA


Esta canción conta a historia dunha vaca un pouco diferente, que non quere ser convencional e rebélase para poder facer as cousas que máis lle gustan. Ah!, ademáis esta vaquiña ben baila un pasodobre galego como unha samba brasileira!!!

A vaca marela é unha raza autóctona de Galicia, coñecida fora como "rubia gallega", porque é de cor marrón clara e non ten manchas.

AGORA IMOS COA CANCIÓN, e fixádevos ben porque aquí coláronse as primas da vaca marela que tamén querían pasalo ben polo que veredes a moitas vaquiñas diferentes: marelas, con manchas, con flores ...




XA CHEGA O ENTROIDO!

Estamos na semana do entroido e aínda seguimos a celebrar unha festa reivindicativa pedindo a construcción do novo colexio.

Xa que o proxecto deste curso é "A biblioteca que queremos" darémoslle vida a moitos deses libros que se apachocan nos andeis.

OS CONTOS COBRARÁN VIDA!

E como o entroido e tempo de troula non poderán faltar os bailes e as cancións e este ano todos xuntos danzaremos ao ritmo de Ku Tschi Tschi e Sete saltos.

Os nenos de 2º B e 5º B móstrannos estas danzas.







E por se isto non fora pouco un ano máis Mon, o noso letrista particular, adaptou un famosísimo tema e cociñou "RAPIDIÑO".