Etiqueta: canle de Youtube

  • A canción da vaca Lola en Youtube

    Ola a todos!

    Estamos moi contentas porque xa subímolo video da canción da vaca Lola á nosa canle de Youtube. Esperamos que teña tan boa acollida como cando cantamos e bailamos esa canción en directo nos nosos espectáculos de Contacontos.

    Non deixedes de velo video e de darle ao like se vos gusta! E claro, se coñecedes máis rapazada á que lle guste cantar e bailar, compartide o video para que Lola aprenda a bruar!!

    Síguenos en Facebook!

    Síguenos en Instagram!

    Síguenos en Youtube!



  • A nosa canle de Youtube segue a medrar

    Estamos moi contentas de podervos contar de que a nosa canle de Youtube ten cada día máis seguidores. Xa pasamos dos 100!!


    A cousa é que a nosa comunidade incrementouse notablemente a partir do confinamento polo Covid, no que subimos un montón de videos novos para facer a situación máis levadeira ás crianzas. Mais tamén temos axuda con artigos tan estupendos como o que publicou o outro día a páxina de Youtubeir@s

    No post de Youtubeiras falan da nosa canle en compañía doutras tan importantes como as do OQO, os Bolechas, Apego e compañías referentes da escena infantil galega como Migallas Teatro, Pakolas, Uxía Lambona, etc. Que privilexio figurar entre tan grandes nomes!!

    Moitas grazas a Youtubeir@s por pensar en nós e moitas grazas ao nosos público por seguirnos nas nosas redes. Dádesnos ánimos para pensar en novas cousas que facer!

    Unha aperta 

    Síguenos en Facebook!

    Síguenos en Instagram!

  • Un conto de Musicreques para contar e para cantar

    Xa temos un conto novo en Youtube!

    “A lanchiña do flamenco” é un conto para contar do 1 ao 10 no que as crianzas poderán ademais coñecer un montón de animas da selva e cantar o pegadizo estribillo.

    Por mor da chuvia a selva está chea de auga e hai moitos animais en problemas, mais o flamenco ten unha lanchiña e vai ao seu rescate. Serán demasiados animais para esa lanchiña o caberán todos? Teredes que ver o conto ata o final para saber se son quen de chegar a terra firme sans e salvos.


    Esperamos que vos guste!


  • O conto musical do caracol viaxeiro en Youtube

    Se aínda non estades subscritos á nosa canle de Youtube non deixedes de facelo se queredes estar ao día das nosas publicacións porque, dende o video do conto-canción de Ramona, a mosca lambona, que colgamos a principio deste mes, engadimos un conto musical máis: o conto de O caracol viaxeiro

    Nel aproveitamos para dar a coñecer aos raparigos a fauna das distintas partes do mundo, dende o deserto ata o ártico, a selva e as fragas, todo isto coa fermosa música do segundo movento (Andante) da Sonata en Do.M K 545 de Mozart. 




    As ilustracións dos fermosísimos debuxos vectoriais que aparecen no conto as atopamos  ná páxina: https://www.freepik.es/fotos-vectores-gratis, e as fotos de animais da páxina: https://pixnio.com/es/

    Por outra banda, e polo día do libro do pasado xoves, compartimos tamén nas nosas páxinas de Facebook e Instagram un simpático video que fixeron catro dos nosos pequenos seguidores (Iago, Lois, Leo e Iria) contando e recomendando o noso conto A tola de Lola. Se non coñecedes o conto non deixedes de velo!

    Esperamos que estedes todos ben e que o noso traballo vos axude a levar mellor esta difícil situación de confinamento.

  • Un novo conto para cantar e bailar

    Onte subimos ás nosas redes sociais un novo video para que a rapazada pase entretida o confinamento. Esta vez foi a quenda do conto de “Ramona, a mosca lambona”. 

    Neste divertido conto, no que a mosca Ramona come sen parar durante toda a semana moitas cousas non moi saudables, os rapaciños poden cantar e bailar connosco, ademais de rir coas cousas que fai Ramona e descubrir o sorprendente (ou non tan sorprendente) final….

    Non deixedes de velo, cantalo e bailalo… e, se vos gusta, compartilo cos vosos amigos!


    E se non queres perder ningunha das nosas novidades…