Etiqueta: CANTAJUEGO

  • ¿DÓNDE ESTÁN LAS LLAVES?

    Os pequenos do colexio aprenderán esta canción infantil tradicional e tamén a utilizaremos para facer un divertido xogo no que  haberá que buscar as chaves que estarán agachadas na aula de música.


    XOGO: Colocarémonos en roda, collidos das mans, e cantaremos a canción mentres a roda xira no sentido contrario ás agullas do reloxo.


    Cando rematen as estrofas a profe dirá o nome dun alumno que deberá sair da roda para buscar a chave pola aula. Se a atopa tena que poñer no medio da roda e a próxima vez que rematen as estrofas pode elixir a un compañeiro para que busque outra chave. Se non a atopa será a profe a que diga o nome doutro compañeiro para facer a busca a próxima vez.


    O tempo para buscar a chave será o que dure a parte instrumental, que estará representada por este gracioso reloxo.







  • PEQUEÑO PLANETA

    O proxecto deste curso “MARES DE PLÁSTICO” faranos reflexionar sobre a intervención do ser humano sobre o planeta.

    Esta canción do grupo Cantajuego achegará aos máis pequenos a este grave problema.