Etiqueta: Ceip. de Andrade

  • En Novembro actuaremos en Pontedeume e Ferrol

    Este mes de Novembro faremos tres representacións do noso Contacontos Musical nos Concellos de Ferrol e Pontedeume. 


    O venres 16 e o mércores 28 serán representacións para escolares nos Ceip. San Xoan de Filgueira de Ferrol, en primeiro lugar, e despois no Ceip de Andrade de Pontedeume, así que non están abertas ao público en xeral. Mais o sábado 17 achegarémonos ata a parroquia de Nogueirosa, en Pontedeume, para celebrar o Magosto invitadas pola A.V.V. Nogueirosa. A actuación será no local social da Asociación ás 19:00 e a entrada é libre e gratuita.

    Esperamos ter moitos rapaciños dispostos gozar dos nosos contos e a cantar connosco. Volo ides perder?



  • Musicreques leva a Iván ao Ceip de Andrade

    Tras a exitosa estrea da semana pasada no Couceiro Freijomil… arranca a xira musical de “Iván e o Lobo gris”



    A primeira parada dos nosos monicreques nesta nova andaina que comezan, foi o pasado luns no CEIP de Andrade, un cole xa coñecido por Musicreques no que sempre nos sentimos moi ben acollidas. 

    Ao espectáculo asistiron todos os nenos do cole, tanto os de Educación Infantil como os de Primaria, e pasárono xenial coas aventuras dos nosos protagonistas. Os nenos acompañaron as danzas eslavas de Dvorak con palmas e gargalladas a esguello, e ata rematamos o espectáculo cantando todos xuntos a fermosa canción baseada no tema da Danza Eslava nº 1 incluída na nosa Guía Didáctica. Foi un final moi fermoso e emocionante!

    Noraboa a profe de música Isabel por ser quen de achegar a música aos pequenos con tanta ilusión, e grazas a todo o cole de Andrade por tratarnos sempre cun agarimo tan especial. 





  • Reseña sobre Musicreques no Ceip de Andrade

    No blog de música do Ceip. de Andrade puxeron unha reseña e unhas fotos da actuación do xoves. Compartímolas con vós.

    http://cantosmirados.blogspot.com.es/2013/06/representacion-do-conto-o-quebranoces.html

    Gracias, Isabel.


  • O Quebranoces no Ceip. de Andrade

    Hoxe actuamos no Ceip. de Andrade. O primeiro que vos vou decir é que estamos moi contentas e agradecidas polo fantástico trato e a amabilidade que todos tiveron con nós, especialmente Isabel,  Encarna e Aurelio. Fixéronnos sentir casi como se estivésemos en casa. 

    Ao chegar ao cole atopamos este fermoso cartel que anunciaba a nosa visita.


    Foi un día cheo de incidencias e imprevistos: semellaba que as diapositivas non se ían poder ver, caeu do teatrillo a pelota ca que xogan Clara e o seu irmán, as flores non querían estar ben dereitiñas… pero afortunadamente ningunha desas cousas tivo importancia porque todo puido arranxarse e tanto os nenos como os profes pasarono moi ben e gustoulles o espectáculo!!

    Aquí tedes unhas fotos cos rapaces.






    Ata a próxima vez Ceip. de Andrade!!

  • As nosas cancións

    As nosas cancións xa están a ser traballadas pola aula de música do Ceip. de Andrade!



    O simpático ruso tocando o contrabaixo


    Gústanos moito que o fagan porque así os nenos poder cantar as cancións cando as toquemos para eles.