Etiqueta: Ceip San Xoan de Filgueira

  • Rematou o programa de colaboración de Musicreques co CMUS Xan Viaño

    O venres 5 de abril rematamos no Ceip de Esteiro o programa de colaboración co CMUS Xan Viaño, que levou a música clásica e os contos en galego aos centros educativos públicos de Ferrol. 

    No Ceip Isaac Peral
    O programa realizado por Musicreques, xunto co CMUS, levou entre os meses de outubro a maio o espectáculo Contacontos Musicais directamente aos centros educativos de: Cruceiro de Canido, San Xoan de Filgueira, Almirante Juan de Lángara, Ponzos, A Laxe, Isaac Peral e Esteiro. De xeito que ao redor duns 600 escolares puideron gozar dos nosos divertidos contos e de moitísimas pezas de música clásica interpretadas ao piano en directo, sen sair do seu centro educativo.

    No Ceip A Laxe

    No Ceip de Esteiro

    Diferentes pezas de Schumann, Brahms, Debussy, Chopin, Saint-Saëns, Mozart, Grieg, Joplin ou Pieczonka, ilustraron os contos de “A galiña Carmiña”, “A chicharra Dora”, “O caracol viaxeiro”, “A lanchiña do flamenco”, “Pío e Pía” ou “A tola de Lola”.


    Os monicreques chamaron moitísmo a atención da cativada, especialmente a galiña Carmiña e os paxariños Pío e Pía, que moitos rapaces tentaron acariñar cando pasaron voando ao seu carón.


    Foi todo un placer realizar esta actividade que tivo tan boa acollida na comunidade educativa. Ata a próxima!!

  • En Novembro actuaremos en Pontedeume e Ferrol

    Este mes de Novembro faremos tres representacións do noso Contacontos Musical nos Concellos de Ferrol e Pontedeume. 


    O venres 16 e o mércores 28 serán representacións para escolares nos Ceip. San Xoan de Filgueira de Ferrol, en primeiro lugar, e despois no Ceip de Andrade de Pontedeume, así que non están abertas ao público en xeral. Mais o sábado 17 achegarémonos ata a parroquia de Nogueirosa, en Pontedeume, para celebrar o Magosto invitadas pola A.V.V. Nogueirosa. A actuación será no local social da Asociación ás 19:00 e a entrada é libre e gratuita.

    Esperamos ter moitos rapaciños dispostos gozar dos nosos contos e a cantar connosco. Volo ides perder?



  • Comezamos a andaina polos coles

    Este venres 26 de Outubro comezamos, polos coles de Ferrol, a nosa actividade de dinamización da lectura e fomento da música. Será un venres de cada mes no que Musicreques desprazarase aos centros educativos para representar o Contacontos Musical.

    O colexios participantes nesta actividade sen ánimo de lucro son os seguintes:

       *  Outubro: CEIP Cruceiro de Canido
       *  Novembro: CEIP Plurilingüe San Xoan de Filgueira
       *  Decembro: CEIP Almirante Juan de Lángara
       *  Xaneiro: CEIP de Ponzos
       *  Febreiro: CEIP a Laxe
       *  Marzo: CEIP Isaac Peral
       *  Abril: CEIP de Esteiro
       *  Maio: aínda por determinar

    A actuación deste venres será para 109 escolares de Infantil, que poderán gozar coas aventuras de “A tola de Lola”, “Pío e Pía”, “O caracol viaxeiro”, “A chicharra Dora”, “A lanchiña do flamenco”, “A galiña Carmiña” e “Contamos emocións”.