O Ceip. Conde de Fenosa da localidade de Ares contactou con nós para que vaiamos facer unha representación do noso Quebranoces na primeira semana de novembro. Aínda no é seguro se faremos unha ou dúas sesións pero, como vos podedes imaxinar, estamos xa moi ilusionadas pensando nos nenos que nos van ver actuar. Cando concretemos a data, publicarémola na páxina de facebook para que coñezades a nosa axenda.
Archivo de la etiqueta: Colexios
No blog de música do Ceip. de Andrade puxeron unha reseña e unhas fotos da actuación do xoves. Compartímolas con vós.
http://cantosmirados.blogspot.com.es/2013/06/representacion-do-conto-o-quebranoces.html
Gracias, Isabel.
http://cantosmirados.blogspot.com.es/2013/06/representacion-do-conto-o-quebranoces.html
Gracias, Isabel.
Hoxe actuamos no Ceip. de Andrade. O primeiro que vos vou decir é que estamos moi contentas e agradecidas polo fantástico trato e a amabilidade que todos tiveron con nós, especialmente Isabel, Encarna e Aurelio. Fixéronnos sentir casi como se estivésemos en casa.
Ao chegar ao cole atopamos este fermoso cartel que anunciaba a nosa visita.
Foi un día cheo de incidencias e imprevistos: semellaba que as diapositivas non se ían poder ver, caeu do teatrillo a pelota ca que xogan Clara e o seu irmán, as flores non querían estar ben dereitiñas... pero afortunadamente ningunha desas cousas tivo importancia porque todo puido arranxarse e tanto os nenos como os profes pasarono moi ben e gustoulles o espectáculo!!
Aquí tedes unhas fotos cos rapaces.
Ata a próxima vez Ceip. de Andrade!!
As nosas cancións xa están a ser traballadas pola aula de música do Ceip. de Andrade!
Alegrámonos moito de poder contarvos que temos xa unha nova actuación prevista para este mes de Maio. O Ceip. de Andrade no Concello de Pontedeume púxose en contacto con nós e acordamos representar "As aventuras de Quebranoces" o día 30. Xa nos tarda que chegue o día..!
O Ceip. de Andrade |
Con esta será a terceira vez que Quebranoces e os seus amigos cobren vida no teatrillo e fagan rir e disfrutar aos nenos. Fainos moita ilusión poder levar de novo a fermosa música de Tchaikovsky aos rapaces e esperamos que lles guste tanto como a nós.