Etiqueta: CONCERTO

  • ESTAMOS NO VERÁN!!!



    O xoves 31 de marzo os alumnos de 5º e 6º asistiredes a un espectáculo musical titulado “Estamos no verán”.

    Como temos as vacacións de Semana Santa polo medio, aquí vos deixo algúns vídeos para que vaiades entrando en materia.




















  • ASÍ FOI O CONCERTO!

    O venres trasladámonos ao pasado na cidade de Pontevedra e puidemos coñecer a historia do tranvía Leonardo da man de diferentes personaxes que vivían por aquela época.

    Foi un espectáculo moi divertido no que cantamos e tocamos ata nos fartar!



  • RODARIRRODARI



    O día 4 de marzo os alumnos de 1º e 2º asistiredes a un espectáculo musical moi divertido titulado “Rodarirrodari”.

    Contarannos a historia do tranvía Leonardo que facía o traxecto Pontevedra-Marín. Agora o tranvía está nun museo en Lisboa e alí namórase dun bonito tranvía eléctrico que pasa por diante do edificio…



    Aquí tedes algunhas fotos de tranvías, dende os máis antigos ata os modernos.






    Escoitaremos diferentes cancións, algunhas delas moi coñecidas, o que pasa é que cambiará a letra para adaptarse á historia que nos queren contar. 

    Déixovos unha pequena mostra dalgunhas delas.



    E para rematar imos repasar as normas que debemos cumprir para asistir a un concerto!




  • UN CONCERTO XENIAL!!!

    “Cousas de catro” é o novo concerto para escolares que presenta o grupo Odaiko. Foi fantástico, coma sempre, e divertímonos moitísimo.

    Déixovos unhas fotos para recordalo.
  • DE NOVO CON ODAIKO!

    O mércores os alumnos de 3º e 4º asistiredes a un concerto do grupo de percusión Odaiko. Será a primeira vez para vos pero as experiencias previas dos vosos compañeiros sempre foron moi satisfactorias.

    O grupo é fantástico e aprenderedes e disfrutaredes moito. O espectáculo que veremos titúlase “Cousas de 4”.

    Aquí vos deixo diferentes vídeos do grupo para que vaiades entrando en materia.












    Ahhh… e botádelle un vistazo ás normas básicas que debemos cumprir cando asistimos a un concerto !!!