Etiqueta: CONCERTO

  • A NENA E O GRILO NO PAIS DAS APERTAS

    Neste mes os nenos de Educación Infantil asistiredes a un marabilloso espectáculo, “A nena e o grilo no pais das apertas”.

    A min non me da chegado o día e para entreterme vou ver moitas veces os seguintes vídeos.

    ANIMÁDEVOS TAMÉN!!!









  • FANTÁSTICO CONCERTO!!!

    O concerto de Odaiko foi fantástico, sempre conseguen sorprendernos coas súas “invencións”.




  • DE CONCERTO CON ODAIKO… OUTRA VEZ!!!

    O vindeiro 18 de Marzo o 3º ciclo asistiredes a un concerto do grupo de percusión Odaiko. É unha actuación diferente á que vimos o ano pasado e que tanto nos gustou a todos.

    O espectáculo que veremos titúlase “Invención” e está ubicado nun  contexto histórico que comeza no século XVIII  e chega ata a actualidade. Odaiko fai un repaso das grandes invencións do home, empezando polo famoso Bach, creador do que para os musicólogos era o Rock da época, pasando por outras invencións froito de procesos coma a industrialización, a introdución do plástico, e algunha máis cercanas á percusión, como son a aparición da batería, ou moitos outros instrumentos que comezaron froito da casualidade do día a día.

    Aquí vos deixo novos vídeos do grupo para ir meténdonos en materia.










    Se queredes repasar os vídeos que vimos o ano pasado buscadeos no blog.

    Ahhh… e botádelle un vistazo ás normas básicas que debemos cumprir cando asistimos a un concerto !!!


  • DE CONCERTO CON ODAIKO

    Esta semana disfrutamos dun concerto do grupo de percusionistas ODAIKO. Se o concerto do pasado curso, “Odaiko nas escolas”,  foi fantástico o de este ano, “Vaia circo”, aínda estivo mellor, polo menos iso dixeron os nenos e eu penso que non lles falta razón.

    Aquí vos deixo unhas fotos da súa actuación.Clicade na imaxe!


  • DEBUXANDO O CONCERTO!!!

    Así viron o concerto “A nena e o grilo nun barquiño”, os nenos de 1º e 2º de Educación Primaria.

    Os debuxos son tan fantásticos como foi o espectáculo!!!

    OS DEBUXOS DE 1º



    OS DEBUXOS DE 2º