Próxima actuación

Alegrámonos moito de poder contarvos que temos xa unha nova actuación prevista para este mes de Maio. O Ceip. de Andrade no Concello de Pontedeume púxose en contacto con nós e acordamos representar "As aventuras de Quebranoces" o día 30. Xa nos tarda que chegue o día..!


O Ceip. de Andrade

Con esta será a terceira vez que Quebranoces e os seus amigos cobren vida no teatrillo e fagan rir e disfrutar aos nenos. Fainos moita ilusión poder levar de novo a fermosa música de Tchaikovsky aos rapaces e esperamos que lles guste tanto como a nós. 



O que pensan de nós..

O blog da biblioteca do Ceip. Couceiro Freijomil publicou no seu blog unha reseña da representación de "As aventuras de Quebranoces" de Musicreques no seu centro. As súas amables palabras énchennos de satisfacción e orgullo. Aledámonos moito de que nos teñan en tan boa consideración. Moitas gracias Couceiro Freijomil!!!

http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/2013/04/dia-do-libro-con.html


Tamén añadiron un video con fotos e o Vals das flores interpretado con orquestra:





O conto de Quebranoces

Para os que non sepades de que trata o conto de Hoffmann no que se basa o noso espectáculo, podo explicarvos brevemente de que vai: 


A trama da historia desenvólvese en Nadal na casa de Stahlbaum, onde os nenos Fritz e María disfrutan dos seus agasallos de Nadal. A María gústalle especialmente un boneco quebranoces de expresión doce e bondadosa pero o seu irmán rómpello causándolle un gran desgusto.

Os nenos abren os seus agasallos de Nadal

Ao rematar a festa todos van durmir, pero María entra na habitación dos xoguetes para ver como está o boneco quebranoces e ve como os xoguetes cobran vida e empezan a pelexar, dirixidos por o Quebranoces, contra un exército de ratos guiados polo seu rei. Ela ponse a favor de Quebranoces e o salva do rei rato lanzándolle, ao malvado, un zapato.

A batalla entre Quebranoces e o Rei rato

Desgraciadamente, e tras cortarse cun cristal María ten que gardar cama durante unha semana. Nese tempo coñece, no conto da “Noz dura” a historia do príncipe Quebranoces e o seu feitizo por culpa da malvada Ratona.
Unha noite o Rey Rato vai a habitación de María e esíxelle doces a cambio de non ferir a Quebranoces pero, tras varias noites de sacrificar os seus bonecos de azucre ao Rey Rato, ela dalle unha espada a Quebranoces coa que o príncipe consegue matar o malvado roedor. 
Quebranoces leva entón a María ao Reino dos Doces ata que, de súpeto, a nena cae e aparece na súa cama onde a súa nai lle di que todo foi únicamente un sono. 

A fada de zucre facendo maxia no Reino do Doces

Algo máis adiante María coñece ao sobrino de Drosselmeier, quen afirma estar libre do feitizo de ser un boneco Quebranoces gracias a ela. O xoven Drosselmeier pídelle a man para reinar xuntos no palacio de Mazapán, ao que María acepta.

Bonito, verdade?

As aventuras de Quebranoces

Antes de seguir ensinándovos as actuacións que tivemos creo que chegou o momento de contarvos de que vai o espectáculo que estamos a facer. A historia de "As aventuras de Quebranoces" basease no conto de Hoffman "Quebranoces e o Rei do ratos" e foi adaptada para ser representada con monicreques mentras se interpreta a Suite "O Quebranoces" de Tchaikovsky ao piano. Os nenos poden ver a Clara e ao seu irmán cos seus agasallos de Nadal, a batalla entre o Rei rato e Quebranoces e a máxica aparición da Fada de zucre. Despois marchamos de viaxe por Rusia, o deserto de Exipto e China, a vivir moitas aventuras con Quebranoces e Clara ata, por fin, chegar a un Conservatorio ou Escola de música onde coñecemos aos instrumentos e formamos unha orquestra.

Aquí tedes a algúns protagonistas da historia