Etiqueta: Contacontos Musicais

  • Musicreques continúa coas actuacións nos Concellos

    As últimas actuacións que realizamos as Musicreques foron nos Concellos de Foz y Aranga cos espectáculos dos Contacontos musicais e O Quebranoces para bebés, onde o público miúdo pasouno xenial e participou moi activamente.

    Deixámosvos unhas fotos que compartiu o Concello de Aranga nas súas redes sociais. 






    Síguenos en Facebook!

    Síguenos en Instagram!

    Síguenos en Youtube!

  • Musicreques remata as actuacións do verán

    Rematamos o mes de Agosto con actuacións nos Concellos de Tordoia e A Baña para a cativada dos campamentos de verán. Os Contacontos Musicais fixeron as delicias dos rapaciños que cantaron connosco todas as cancións mentres gozaban do aire libre. A actuación en A baña foi nun lugar tan bonito que quedará nas nosas lembranzas!

    Esperamos volver pronto con otro dos nosos espectáculos.


    Síguenos en Facebook!

    Síguenos en Instagram!

    Síguenos en Youtube!

  • Musicreques está de celebración

    Estes días Musicreques quere festexar dúas boas novas. 

    A primeira cousa que estamos a celebrar é que a andanza da nosa compañía de música e monicreques cumpre xa oito anos dende a súa formación. Oito anos de moitas alegrías percorrendo a xerografía galega cos nosos espectáculos de monicreques e contacontos, tocando para a cativada unha morea de música ao piano dos grandes compositores clásicos, como Chopin, Mozart, Debussy, Tchaikovsky, Dvorak, etc…, cantando e bailando coas crianzas, compartindo as nosas historias e os nosos contos e, o que é o mais importante, gozando da ledicia dos nenos e nenas cando actuamos para eles. 

    A segunda cousa que queremos compartir convosco e que é un gran motivo de celebración para nós, é que Musicreques está a piques de publicar outro conto. “Ramona, a mosca lambona”, que tanto gusta á rapazada e a quen lle temos tanto agarimo, vai estar moi pronto dispoñible nos habituais puntos de venda. Esperamos que gocedes da divertida historia e das fermosas ilustracións de Loreto e Alma.

    Co gallo destas dúas celebracións ocurrírsenos crear un pequeno xornal de novas sobre os protagonistas dos nosos contacontos. Unhas poucas follas para ler e entreter. Esperamos que vos divirtan tanto como a nós.

    Éche o que hai (completo)

    Síguenos nas nosas contas de FacebookInstagram ou Youtube!



  • O público de Carnota cantou e bailou con Musicreques

    Aínda que faltaban uns poucos días para celebrar Santa Icía, Musicreques viaxou ata Carnota, invitadas polo Concello e a Escola de Música, para festexar cos rapaces da vila o día da patrona dos músicos.

    O público asistente participou moi activamente e foi un pracer para Alma e Loreto ver o ben que se manexou toda a cativada cantando e seguindo o ritmo das cancións do Contacontos Musicais.

    Deixámosvos aquí un par de videos para que o vexades.

    Síguenos en Facebook!

    Síguenos en Youtube!

    Síguenos en Instagram!

  • A canción da vaca Lola en Youtube

    Ola a todos!

    Estamos moi contentas porque xa subímolo video da canción da vaca Lola á nosa canle de Youtube. Esperamos que teña tan boa acollida como cando cantamos e bailamos esa canción en directo nos nosos espectáculos de Contacontos.

    Non deixedes de velo video e de darle ao like se vos gusta! E claro, se coñecedes máis rapazada á que lle guste cantar e bailar, compartide o video para que Lola aprenda a bruar!!

    Síguenos en Facebook!

    Síguenos en Instagram!

    Síguenos en Youtube!