Achégase o Día da Paz deste 2014 e xa estamos sumerxidos nos cantos que imos facer neste día. Farémolo por Ciclos. Así que compartimos as cancións por se alguén cae por aquí e lle gusta a idea.
Infantil 3 anos + 4 anos + 5 anos cantarán "Cantarela dos Nenos", unha letra de Xosé Neira Vilas. Esta canción é moi popular e a cantan moitísimos colexios neste día.
1º Ciclo cantará "Ninguén se quede atrás". Esta canción está traducida do castelán, non aparecía por ningún lado en galego. Ademáis está lixeiramente reducida, porque era bastante longa para memorizala para os nenos de 1º Ciclo. Noutro post deixarei a letra final.
2º Ciclo cantará unha canción de Eurojunior 2004, "Lluvia de amor". Nesta ocasión non foi posible facer a traducción ao galego, pero é tan fermosa e ten unha música tan contaxiosa que non podíamos resistirnos. Todos os nenos están encantados con esta canción.
3º Ciclo interpretará coa frauta doce o tan coñecido "Himno a la alegría". Penso que pode quedar precioso interpretado por tantas frautas. Os alumnos xa están a memorizar a partitura. Seguro que sae impresionante!
Xa vos irei contando os avances!!
Un saúdo,
oa