FACHIÑO NON PODE DURMIR!!!

Fachiño xa está na aula de música e agora espera impaciente a cerimonia de inauguración dos "Xogos Olímpicos" do colexio.

Está moi contento porque xa coñeceu a todos os nenos, pero ten un pequeno problema. Díxome que non é capaz de durmir e nótase un pouco cansado. Que vos parece se lle axudamos un pouquiño???

Poderíamos cantar e tocar unha nana tradicional que todos escoitáchedes algunha vez, FRÈRE JACQUES, qué é o título da canción infantil orixinal de Francia, xa sabedes os nosos veciños do norte da península, ahhh! e Jacques era o fraile que se encargaba de tocar as campás da igrexa.

Aprenderedes a tocala coa frauta, cos instrumentos de placas e con instrumentos rítmicos, pero antes déixovos algúns vídeos para que vaiades afinando...













Agora que xa estudíachedes a partitura empezaremos a tocar a canción.





CARROS DE FUEGO

Iniciamos o proxecto deste ano, "SOMOS OLÍMPICOS",  co conto do pentagrama aventureiro.

E agora preparádevos para tocar unha fantástica melodía representativa dos xogos olímpicos.



"CARROS DE FUEGO" é unha película baseada en feitos reais, cuxos protagonistas son dous mozos británicos que participan nos xogos olímpicos do ano 1924 en París.

A banda sonora do compositor griego Vangelis é unha das máis famosas do mundo.




Na inauguración dos xogos olímpicos de Londres 2012 Mr. Bean formou parte da orquestra que tocou esta melodía.




Aquí vos deixo a partitura para que vaiades estudando.






O CARRO


Canción do emblemático grupo galego "Fuxan os ventos", que se creou en Lugo no ano 1972.

O seu compromiso coa cultura galega é patente en todas as súas obras, que levaron  por toda Europa. O repertorio inclinouse cara a música popular galega, recollendo cantigas tradicionais e incluindo temas de composición propia.
Asumiron coas súas composicións un forte compromiso social e de reivindicación do idioma e da cultura propia do pobo galego.

No ano 1989 o grupo deu o que supuxeron sería o seu derradeiro concerto, xa que o traballo que seguen a facer non é de cara ao público e só en contadas ocasións fan algunha actuación.

O seguinte vídeo pertence ao espectáculo "Terra de soños" posto en escea os días 18 e 19 de outubro de 2008 no auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.




Non canta na Chá ninguén,
por eso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta (BIS)

Non hai canto tan fermoso,
fino como un asubío,
anque  as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.

Non canta na Chá ninguén,
por éso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.

O meu carro é cerna dura,
sábese carballo e freixo.
Que fermosa  a súa feitura!
Que lixereza a do eixo!

As cousas vanse aledando
por onde o meu carro pasa.
Carrétame herba pra o gando!
Traeme a colleita pra casa!

Non canta na Chá ninguén,
por éso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta (BIS)


Aquí vos deixo a partitura para que a vaiades practicando.