Etiqueta: FRAUTA

  • FRAUTISTAS PRINCIPIANTES!

    Este post vai dirixido especificamente ao alumnado de 3º curso, xa que o confinamento pillóunos de cheo empezando a traballar coa frauta.

    Déixovos aquí unha explicación moi detallada de como tocar a canción coa que iamos empezar, “Rondín Picotín”, con partituras interactivas e un titorial. Veredes como vos axuda moito!

    Animádevos! Collede a vosa frauta e A TOCAR!





  • UNHA DE GALIÑAS, GALOS, PITAS E PITOS!


    Para homenaxear ao escritor Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, traballaremos durante estes días con contos, cancións ou xogos que teñan como protagonistas a unhas aves que todos coñecedes. 

    Estas aves tamén aparecen na obra de Ricardo Carvalho Calero titulada “As pitas baixo a choiva”.




      MARCHANDO UNHA DE GALIÑAS, GALOS, PITAS E PITOS!  













    Tocade para os máis pequenos esta canción coa frauta.

    Déixovos a partitura e un titorial.







  • OS PICAPEDRA

    Hoxe déixovos un vídeo moi interesante para que podades aprender a tocar coa frauta a canción da serie de debuxos animados “Os picapedra”.





    Pero antes de empezar a tocar mirade ben a partitura e estudádea facendo o seguinte xogo.



    Agora seguide o vídeo e A TOCAR!





  • GRANDES COMPOSITORES! LUDWIG VAN BEETHOVEN


    Nun post anterior a este escoitabamos a interpretación do “Himno á alegría” da 9ª sinfonía de Beethoven.

    Beethoven foi un dos grandes xenios da historia da música. Lembrade que quedou xordo e aínda así foi capaz de compoñer melodías marabillosas.


    Déixovos unha orixinal biografia do xenial Beethoven.




    Antes falabamos do “Himno á alegría” e aquí vos deixo un vídeo para que intentedes tocalo con calquera instrumento melódico que teñades na casa.

    Se non tedes un instrumento melódico podedes tocar o ritmo con instrumentos de percusión corporal ou con calquera obxecto que atopedes pola casa co que podades facer sons.




    Os frautistas podedes intentar tocar esta melodía, con sons máis agudos, utilizando o seguinte titorial.



    E agora xogemos un pouco!

    No ano 2015 un doodle de Google lembrou as obras máis coñecidas do músico. 

    Atrevédevos a xogar!



    Para rematar podedes facer estes puzzles, O primeiro é máis sinxelo e o segundo un pouquiño máis complicado.






  • NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA


    Con esta peza da obra “Peer Gynt” de Edvard Grieg estamos practicando a escala coa frauta.

    Déixovos os vídeos que vimos na clase e a partitura para que vaiades practicando.

    Que soen as frautas!










    E por último imos coa melodía.