RADIO GA GA



"Radio Ga Ga" é unha canción escrita por Roger Taylor, baterista de Queen.

A canción trata o tema da creación da televisión e como esta foi desprazando á radio.
Foi catalogada como unha das cancións mais exitosas do grupo grazas ao seu videoclip e ás actuacións en directo. Era unha das preferidas do público, que cantaba e palmeaba ao mesmo tempo que a banda a interpretaba.







WE WILL ROCK YOU


"We will rock you" é unha das cancións máis coñecidas do grupo Queen. Foi composta por Brian May, o guitarrista da banda e gravada no ano 1977.

Esta canción é mundialmente coñecida polo seu ritmo pegadizo e escoitase con frecuencia nos estadios nos que se desenvolven competicións deportivas.


Déixovos a partitura do estribillo que tocaremos coa frauta, e o ostinato que tocaremos con instrumentos de percusión corporal.





E agora debedes cambiar a frase que forma o estribillo para facer a vosa propia versión.

Tocar, cantar e... falta bailar. Teredes que inventar unha coreografía para esta canción.

Moita sorte e a traballar!


PIRATAS DO CARIBE

Seguimos coa nosa particular viaxe a través de bandas sonoras de películas.

Si falamos de aventuras no mar non poden faltar os protagonistas de multitude de historias tanto nos libros como nas películas...  todos adiviñachedes que falo dos PIRATAS!!!


Tocaremos unha adaptación da banda sonora da película "Piratas do Caribe", pero antes botádelle un vistazo a estes vídeos. 





 

Déixovos a partitura coa instrumentación.





A FAMILIA ADDAMS

Durante o mes de outubro acompañaranos na clase de música Silvia Morgade, ex alumna do colexio que agora está estudiando Maxisterio. Este curso é o seu último ano e fará prácticas connosco.

Como pronto celebraremos o Samaín, Silvia deseñou unha tarefa con diferentes actividades que desenvolverá co alumnado de 6º curso. Por suposto pode contar coa colaboración de todos.

MOITO ÁNIMO SILVIA!!!




"A familia Addams" foi unha serie de televisión estadounidense para todos os públicos que se emitiu dende o ano 1964 ata o 1966.

A serie estaba formada por 64 capítulos de trinta minutos de duración, filmados en branco e negro.

Os Addams son unha familia macabra e con habilidades sobrenaturais. Está formada por Gomez Addams, a súa esposa Morticia, dous fillos, un tío e a avoa. Viven na rúa do Cementerio nº 0001 nunha gran mansión con dous serventes e con unha man sen corpo que sae dunha caixa de madeira.

O humor da serie baseábase no choque cultural entre os costumes de familia e os do resto do mundo.

No ano 1991 estreouse a primeira película titulada "A familia Addams", que conta a historia do tío Fétido, que despois de levar anos perdido regresa a casa, feito que aproveitará unha malvada muller para intentar roubar todo o que a familia posee, incluida a súa mansión.

Da película filmáronse dúas partes máis.

Tamén se fixeron diferentes series con debuxos animados e agora prepárase unha película de animación que se estreará no ano 2019.

Vexamos unhas esceas da serie orixinal.



Aquí deixámosvos a letra da canción, da versión en castelán.


La nieta, el tío y la abuela,
el padre de alta cuna,
la bella madre de una
familia muy normal.

Si van a visitarla
no esperen una fiesta
así verán a esta
familia tan normal.

Que hermosura!
Que dulzura!
Que locura!

Si quieren divertirse
que al cabo no les cuesta
aquí es la casa de esta
familia muy normal.

Ata os Simpsons quixeron converterse na familia Addams.



E non podía faltar un musical. Aquí tedes o que se representou no noso pais.