Etiqueta: FRAUTA

  • A CAROLINA


    “A Carolina” é unha canción tradicional galega que tocaremos coa frauta neste trimestre.

    Déixovos a partitura, a letra e uns vídeos con diferentes versións.




    A saia da Carolina,
    ten un lagarto pintado;
    cando a Carolina baila,
    o lagarto dalle ó rabo.

    Bailaches Carolina?
    Bailei, si señor!
    Dime con quen bailaches?
    Bailei co meu amor (3 veces)
    Bailaches, Carolina?
    Bailei, si señor!

    A Carolina é unha tola
    que todo fai ó revés;
    vístese pola cabeza
    e íspese polos pés.

    Bailaches Carolina?
    Bailei no cuartel!
    Dime con quen bailaches?
    Bailei co coronel (3 veces)
    Bailaches, Carolina?
    Bailei, no cuartel!

    O señor cura non baila
    porque tén unha coroa.
    Baile , señor cura, baile,
    que Dios todo llo perdoa.

    Bailaches Carolina?
    Bailei, a bo fe!
    Dime con quen bailaches?
    Bailei co meu Xosé (3 veces)
    Bailaches, Carolina?
    Bailei, a bo fe!

    No curro da Carolina
    non entra carro pechado,
    namais entra a Carolina
    co seu cocho polo rabo.

    Bailaches Carolina?
    Bailei, si señor!
    Dime con que bailaches?
    Bailei co meu amor.
    Co teu amor Carolina
    non volvas a bailar
    porque che levanta a saia
    e é moi mala de baixar.


    Aquí vos deixo a interpretación do emblemático grupo galego FUXAN OS VENTOS.



    Esta é unha versión máis moderna e canta o grupo LUAR NA LUBRE.





  • APRENDIZAXE COOPERATIVA

    Durante o segundo trimestre estiven traballando con estruturas de aprendizaxe cooperativa en diferentes cursos.

    Co alumnado de cuarto utilizei a estrutura de “folio xiratorio”, no noso caso “partitura xiratoria”, para estudiar as partituras das cancións que tocaron coa frauta e outros instrumentos da aula.

    O resultado deste tipo de organización segue a ser moi satisfactorio xa que os alumnos interactúan dunha forma totalmente colaborativa e buscando o mellor resultado.



  • NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA

    Esta peza da obra “Peer Gynt” de Edvard Grieg sempre está presente na aula de música, xa que axuda aos alumnos a aprender a escala coa frauta dunha forma moi divertida.

    Vexamos a interpretación da orquestra deste tema tan coñecido.




    E agora con este vídeo, no que aparecen moitísimos trolls, estudiaremos o ritmo desta peza.




    E por último imos coa melodía.



  • O SEÑOR DOS ANEIS: INSTRUMENTACIÓN


    Déixovos aquí a partitura de “O señor dos aneis” coa instrumentación, que veremos durante esta semana.



  • SEGUIMOS COA FRAUTA!

    Os frautistas principiantes seguen aprendendo a tocar a frauta.

    Aí van algunhas notas máis.