Etiqueta: FRÈRE JACQUES

  • CAMPANEIRO: MUSICOGRAMA

    Parece que a Fachiño lle van gustando as diferentes interpretacións que está escoitando na aula de música, da nana que escollimos. 

    Díxome que pola noite lémbrase da canción e os ollos empezan a pechárselle, pero aínda temos que seguir traballando para que poida durmir como un tronco.

    Aquí vos deixo un musicograma para que os pequenos acompañedes a melodía con axóuxeres e con claves.

    Clicade na imaxe do campaneiro para velo.


  • FACHIÑO NON PODE DURMIR!!!

    Fachiño xa está na aula de música e agora espera impaciente a cerimonia de inauguración dos “Xogos Olímpicos” do colexio.

    Está moi contento porque xa coñeceu a todos os nenos, pero ten un pequeno problema. Díxome que non é capaz de durmir e nótase un pouco cansado. Que vos parece se lle axudamos un pouquiño???

    Poderíamos cantar e tocar unha nana tradicional que todos escoitáchedes algunha vez, FRÈRE JACQUES, qué é o título da canción infantil orixinal de Francia, xa sabedes os nosos veciños do norte da península, ahhh! e Jacques era o fraile que se encargaba de tocar as campás da igrexa.

    Aprenderedes a tocala coa frauta, cos instrumentos de placas e con instrumentos rítmicos, pero antes déixovos algúns vídeos para que vaiades afinando…













    Agora que xa estudíachedes a partitura empezaremos a tocar a canción.





  • QUEN ERA O CAMPANEIRO???

    Para os que estades estudiando a canción “Campaneiro”, que sei que sodes todos, vos deixo un pouco máis de información sobre esta melodía e uns vídeos moi divertidos para que descansedes un pouqiño, e de paso podedes aprender a letra, que está en francés.

    FRÈRE JACQUES é o título da canción infantil que é orixinal de Francia, xa sabedes os nosos veciños do norte da península, e Jacques era o fraile encargado de tocar as campás.