Etiqueta: Instrumentos de percusión

  • ARAM SAM SAM

    Imos xogar cunha cantiga tradicional de Marrocos.

    Empezamos cunha velocidade lenta que cada vez vai máis rápida.



  • TERRA

     


    TANXUGUEIRAS é un trío de pandereteiras galegas formado por Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro.


    Empezaron a cantar xuntas no ano 2016 e fixéronse famosas coa súa música a través das redes sociais.


    Gravaron o seu primeiro disco no ano 2018.


    O seu estilo é unha fusión de música tradicional galega con sons urbáns, mesturando así as pandeiretas con xeneros coma o trap ou a música electrónica.


    Pese a levar poucos anos cantando xa deron concertos en diferentes paises e acumulan moitos premios.


    O pasado ano fixéronse moi coñecidas porque son candidatas a representar a España no festival de Eurovisión 2022 cunha muiñeira chamada “TERRA”.


    A finais deste mes de xaneiro saberemos se son elixidas coma as nosas representantes.


    De conseguilo, sería a primeira vez que unha canción que non está en castelán nos representara no Festival de Eurovisión.


    Vexamos o vídeo oficial da canción “Terra”.



    Cantaremos a canción e acompañarémola con instrumentos tradicionais seguindo o musicograma.





  • ESTANDO A MORA NO SEU LUGAR

     Imos cunha canción acumulativa!

    Primeiro aprenderemos a canción, sen esquecer ningún personaxe.

     

    E agora cantaremos a canción utilizando un instrumento diferente para cada personaxe. Cando cantemos o nome dun personaxe debemos tocar o instrumento correspondente.

    Prestade moita atención!


    Preparados para cantar e tocar!



  • LIBRO INTERACTIVO "INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN"


    O alumnado de 2º curso de primaria estivo estudando varios dos instrumentos de percusión que temos na aula de música.

    Despois de ver as familias nas que se reparten estes instrumentos, convertéronse nos protagonistas dun LIBRO INTERACTIVO sobre instrumentos de percusión.


  • LIBRO INTERACTIVO. "INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN"



    Durante este trimestre as nenas e nenos de 1º curso estiveron estudando algúns dos instrumentos da familia da percusión, que temos na aula de música.

    Despois de ver as diferentes familias decidimos facer un LIBRO INTERACTIVO do que o alumnado é o protagonista.



    Que ben tocan estes pequenos!