Etiqueta: Instrumentos

  • SKA DE LA TIERRA

    Seguimos traballando dentro do proxecto “Mares de plástico” e agora tócalle o turno a unha fantástica canción de Bebe.

    A cantante Bebe quixo facer un chamamento aos políticos e a toda a poboación, sobre os problemas medioambientais provocados polo ser humano, que están levando á destrucción do planeta e fixoo como ela sabe, CANTANDO.

  • PEQUENOS ARTISTAS

    Como remate do curso dous dos nosos “pequenos artistas” tocaron, entre outras pezas, a canción máis coñecida da película Titanic, que tamén traballamos na aula este curso, formando parte do repertorio de bandas sonoras coas que gozamos na clase de música.

    Vexamos a súa interpretación.

  • FLASHMOB "WE WILL ROCK YOU"

    Como remate do proxecto deste curso, “Un cole de película”, os alumnos de 5º e 6º  puxeron en escena un flashmob coa canción “We will rock you”, da película “Bohemian Rhapsody”, que previamente habían coreografiado.

    O seu obxectivo era sorprender aos compañeiros e conseguírono.

    Non volo perdades!

    BO TRABALLO CHICOS!!!

  • VAI SAIR O TREN

    Estamos a piques de celebrar unha data de gran importancia na nosa terra, o Día das Letras Galegas.

    Este ano está dedicado a Antón Fraguas, e o músico Xoán Curiel quixo facerlle unha homenaxe publicando o libro-disco “Canta, miña pedra, canta”, que está baseado na vida e obra do escritor.

    Durante este mes traballaremos con algunhas das súas cancións e empezamos cunha ben marchosa, “Vai saír o tren”.