Etiqueta: Instrumentos

  • Vivan las castañuelas

    Es espectacular poder ver y escuchar unas castañuelas bien tocadas, dando igual el sitio el momento o el motivo, la música siempre es genial.


  • EU COCIÑO, TI COCIÑAS ?


    O día 25 de febreiro o alumnado de 1º e 2º asistiredes a un concerto do grupo “Mamá Cabra” en Pontevedra.

    Como é un grupo que nos gusta moito sabemos que ímolo pasar moi ben.

    O espectáculo leva por título “Eu cociño, ti cociñas?” e todas as cancións que forman parte do libro -disco falan, como non podería ser de outra forma, de comida.

    Fíxadevos nestas fotos do concerto!










    E como non está moi lonxe o entroido empezamos cunha canción titulada “Filloas”. 

    Que ricas!!!




  • Vídeo con preguntas.

    Este ejercicio es muy sencillo: visualiza el vídeo y contesta a las preguntas que vayan apareciendo.
    Es muy sencillo:



  • WE WILL ROCK YOU


    “We will rock you” é unha das cancións máis coñecidas do grupo Queen. Foi composta por Brian May, o guitarrista da banda e gravada no ano 1977.

    Esta canción é mundialmente coñecida polo seu ritmo pegadizo e escoitase con frecuencia nos estadios nos que se desenvolven competicións deportivas.


    Déixovos a partitura do estribillo que tocaremos coa frauta, e o ostinato que tocaremos con instrumentos de percusión corporal.





    E agora debedes cambiar a frase que forma o estribillo para facer a vosa propia versión.

    Tocar, cantar e… falta bailar. Teredes que inventar unha coreografía para esta canción.

    Moita sorte e a traballar!


  • BOHEMIAN RHAPSODY



    BOHEMIAN RHAPSODY é unha película biográfica que conta a historia do cantante británico Freddie Mercury e do grupo de rock QUEEN.

    A película conseguiu o premio “Globo de Oro” 2019 á Mellor película dramática.

    Quen foi Freddie Mercury?… e QUEEN?




    QUEEN é unha banda británica de rock formada no 1970 en Londres polo cantante Freddie  Mercury, o guitarrista Brian May, o baterista Roger Taylor e o baixista John Deacon.

    Un dos seus membros, Freddie Mercury, morreu no 1991 e John Deacon retirouse, pero a banda segue tocando baixo o nome de Queen.

    “Bohemian Rhapsody” é unha canción escrita por Freddie Mercury no 1975 para o seu album “A night at the opera”.
    Cando se puxo á venta convertiuse nun gran éxito comercial, sendo un dos discos màis vendidos en Reino Unido.

    Este tema é o que da nome a esta película sobre a banda.

    Vexamos o trailer.




    Dos moitos temas que aparecen na película traballaremos con dous dos máis famosos: “Radio ga ga” e “We will rock you”.














    Na seguinte escena de Bohemian Rhapsody veremos como se lle ocurriu ao grupo a canción de “We will rock you”.