Etiqueta: Instrumentos

  • O MONSTRO DE CORES: CONTO MUSICAL


    No primeiro trimestre deste curso iniciamos o Proxecto “Somos compositores: O monstro de cores”.

    Os nenos de 3º curso de primaria convertiron esta historia nun conto musical. 

    Elixiron os instrumentos e compuxeron as partituras, excepto a dunha emoción coa que quixeron facer un pequeno homenaxe ao Nadal.

    Representaron o conto no Festival de Nadal, con gran aceptación por parte do público.

    Neste segundo trimestre toca gravar o conto en vídeo e facelo tamén en papel, xa que formará parte da nosa biblioteca.

    O vídeo xa está listo e quedou moi simpático. Esperamos que vos guste!




  • INSTRUMENTOS DE CORDA PULSADA

    O pasado xoves recibimos a visita de Mon, o pai de Andrea, que nos contou moitas cousas interesantes sobre dous instrumentos da familia da corda pulsada: a bandurria e a guitarra española.

    Mon contestou ás preguntas que lle fixeron os nenos e tocou os dous instrumentos. Foi xenial!





    Para rematar esta clase tan interesante Andrea tocou unha peza preciosa coa bandurria, acompañada polo seu pai.










  • IMAGINE: MUSICOGRAMA


    Con este musicograma practicaremos un acompañamento para a canción, utilizando a percusión corporal.

    Soará moi ben! Ánimo e a traballar!!!





  • IMOS DE CONCERTO!



    O 7 de febreiro os nenos de Educación Infantil asistiredes ao concerto “A nena e o grilo nun barquiño”.

    No concerto veremos como a nena e o grilo van descubrindo o mundo xuntos e a través das cancións.











  • A LUZ DO NADAL


    Imos comezar o mes de decembro coa panxoliña titulada “A luz do Nadal”, pertencente ao libro-disco de Mamá Cabra “Xa me tardan estes Magos”.