Etiqueta: Instrumentos

  • SOMOS DIRECTORES!


    Os nenos de 1º están metidos de cheo na preparación da súa actuación no Festival de Nadal.

    Primeiro foron músicos tocando a canción de “Estrellita” e agora cambian o papel polo de directores de orquestra.

    Son aparellos imprescindibles para levar a cabo unha función tan importante os seguintes:

       * ATRIL

       * PARTITURA

       * BATUTA


    Pois mans á batuta e a dirixir!







  • O POLO PEPE

    Os nenos de Infantil seguen metidos neste mundo de galos, galiñas e polos, e agora tócalle o turno á canción do grupo “Mamá Cabra” titulada “O Polo Pepe”, que está baseada no conto “O Polo Pepe” de Nick Denchfield e Ant Parker.

    A canción está incluida no libro-disco “Cartas que veñen e van”.




    PREPARADOS PARA CANTAR?





  • O SEÑOR DOS ANEIS: INSTRUMENTACIÓN


    Déixovos aquí a partitura de “O señor dos aneis” coa instrumentación, que veremos durante esta semana.



  • ¿ESTRELLITA DÓNDE ESTÁS?

    Popular canción infantil e navideña que os máis pequenos de primaria ides cantar e tocar.

    Vexamos algúns vídeos.













    E agora que xa sabedes a canción imos tocala utilizando os seguintes instrumentos.








    Aquí está a partitura e tendes que buscar onde están as figuras musicais negras e brancas, ou sexa onde hai sons curtos ou longos.














    Se queredes conseguir emoticonos verdes fixádevos no que tendes que saber facer.









    MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!


    Rúbrica: