Etiqueta: Iván e o lobo gris

  • Un gran día da Paz para Musicreques

    O martes estivemos de novo no Ceip. Mesón do Vento, catro anos despois de visitalo por primeira vez, para representar Iván e o lobo gris.

    Foi un día fantástico. Todos os profes foron moi amables con nós e os rapaces disfrutaron tanto do espectáculo que riron a gargalladas, cantaron a viva voz e axudaron activamente a que o espectáculo chegara o bon fin. 

    Tamén tivemos a sorte de contar cos integrantes de Habilidades Sociales de Ordes que asistiron ao espectáculo invitados polo colexio e que nos transmitiron a súa alegría por estar alí e gozar das aventuras de Iván.

    Moitas grazas ao Ceip Mesón do Vento por nos amosar estes anos o seu interese para que voltásemos ao seu centro, e especialmente a Cristina, coordinadora da biblioteca do Ceip. Mesón do Vento, por toda a súa axuda.

    Vos deixamos o enlace a súa páxina web por se vos interesa ver os seu comentario sobre a nosa actuación. 
  • Musicreques visitará o Ceip Mesón do Vento

    Despois da actuación a primeiros de este mes en Pontedeume, na que fixemos dúas sesións, unha para bebés co Quebranoces e outra para rapaciños algo máis maiores, con Iván e o lobo gris, Musicreques ponse en marcha de novo para achegar aos rapaces a música e o teatro de monicreques.

    O vindeiro martes 30 de Xaneiro, día da Paz, visitaremos de novo o Ceip Mesón do Vento, no que xa estivemos no 2014. Os rapaciños de este cole xa coñecen As aventuras de Quebranoces, mais o próximo martes coñecerán tamén a Iván, ao lobo gris, ao paxaro, a rá e, por suposto, a malvada bruxa Baba Yaga. Gozarán dun fantástico conto de aventuras, amizade e maxia no que o poder da música será quen de vencer todos problemas. Estamos a desexar que chegue o día…

    Deixámosvos aquí tamén unha imaxe da actuación en Pontedeume.

  • Musicreques no Nadal de Pontedeume

    O próximo día 2 de xaneiro Musicreques vai realizar unha función dobre na casa da Cultura de Pontedeume. 

    Ás 18:00 representaremos “O Quebranoces” para bebés” e ás 19:00 “Iván e o lobo gris”.


    Se queredes gozar dunha tarde de música, maxia e contos, non faltedes!

  • Musicreques visitou o CEIP da Igrexa

    O pasado 20 de outubro o Concello de As Somozas tivo a ben invitarnos a visitar o CEIP da Igrexa para representar o noso espectáculo de Iván e o lobo gris.

    Os nenos pasáronno xenial e riron un montón. Aquí vos deixamos a montaxe de fotos que puxeron na súa web.


    Para nós tamén un pracer volver a levar as aventuras de Iván aos colexios. Ata a próxima As Somozas!
  • Musicreques actúa para #unacuraparaadri

    O próximo domingo 11 de xuño, ás 18:00, Musicreques actuará no CMUS Xan Viaño de Ferrol nun concerto benéfico a favor de #unacuraparaadri. Representaremos “Iván e o lobo gris” ca fantástica músca das Danzas Eslavas de A. Dvorak.




    Contamos con vós. Non faltedes!