Etiqueta: MAC

  • Musicreques tivo moitísimo público na representación no MAC

    A afluencia de público para a sesión de Iván e o lobo gris que fixemos o pasado domingo no MAC de A Coruña foi tan numerosa que moita xente tivo que dar volta para casa porque o aforo estaba cheo xa media hora antes de que empezara a representación. Duascentas cincuenta persoas presenciaron as aventuras e desventuras de Iván pero alomemos outras cen quedaron fora por falta de espazo. Sentimos moitísimo que tantos rapaciños se decepcionaran por non poder ver aos simpáticos personaxes do conto e esperamos ter ocasión de volver pronto a Coruña para poder compensalos.

    Foi todo un pracer interpretar as Danzas Eslavas de Dvorak en un estupendo piano Yamaha e actuar para un público tan atento e participativo.

    Querémosvos agradecer que vos achegásedes ao término do conto para felicitarnos pola representación e facernos saber cantos vos gustou e, especialmente, agradecer tamén a Nicky pola gran axuda que nos prestou. Dende aquí enviámoslle un saúdo e os nosos desexos para que teña tamén moito público na súa representación de monicreques este próximo fin de semana no Teatro do Andamio.

  • Musicreques actúará este domingo nos concertos didácticos DO, RE, BIP do MAC

    Fainos moita ilusión comunicarvos que Musicreques actuará o este domingo 6 de marzo ás 12:30 nos conciertos didácticos Do, Re, Bip do Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) de A Coruña. A entrada é libre ata completar aforo así que vos recomendamos cheguéis con tempo dabondo. Representaremos o conto de “Iván e o lobo gris” cos nosos amigos monicreques e interpretaremos a fermosa música de A. Dvorak ao piano.

    Se non coñecedes o espectáculo podédevos informar neste link : Iván e o lobo gris

    Esperámosvos!

  • Novas da actividade de Musicreques

    Alégranos anunciarvos que, tras estas complicadas datas nas que a nosa actividade paralizouse por unha situación familiar grave, Musicreques volve a acción.

    Empezaremos por retomar a manufactura dos nosos monicreques para o próximo espectáculo que andamos a preparar. Para aqueles que non vos decatedes de cal é, lembrámosvos que xa comezamos hai uns mesiños con “O carnaval dos animais” ca fermosa música de C. Saint-Saëns. Polo de agora temos uns cantos animais xa feitos e parte da música xa estudada así que, a non ser que xurdan novos imprevistos, contamos que teremos todo listo para a seguinte temporada. 

    Compartimos con vós unha foto dalgúns dos animas aéreos (galiña e poliño, paxaros) e acuáticos (estrela e cabaliño de mar). Outro día ensinarémosvos o león, o elefante ou a tartaruga…

    A que o paxariño azul ten un poco cara de lelo? esa era a nosa idea cuando o fixemos…. Pero non vos imos contar o por que, teredes que esperar a ver o espectáculo.

    Por certo. Temos boas novas para os nosos seguidores da cidade de A Coruña que levan tempo reclamándonos unha actuación na cidade. O domingo 3 de abril ás 12:30 interpretaremos “Iván e o lobo gris” no ciclo de Concertos didácticos DO-RE-BIP do Museo de Arte Contemporáneo (Mac) Gas Natural Fenosa.