Etiqueta: María Fumaça

  • O GALO CANTA

    Nesta semana a aula de música acollerá a moitos galos, galiñas e pitiños!

    “O galo canta” pertence ao disco “Xiqui Xoque, Fiú Fiú” de María Fumaça.

    Os peques do cole cantarán esta canción tan marchosa, xa que marcha a estes nenos de 3 anos non lles falta.

    Imos aló!

  • FUN AO MERCADO

    Unha nova canción do libro “MARÍA FUMAÇA”, esta vez feita con pictogramas.

    Clicade na formiga para escoitala.

  • A BRUXA MARUXA

    Acaba de publicarse un libro con CD e DVD titulado “María Fumaça”, facendo alusión ao nome co que se coñeceu ás primeiras locomotoras de vapor en Brasil.

    Neste libro unha teteira vermella semella a unha locomotora que nos conduce por diferentes cancións interpretadas por artistas galegos.

    Ademáis este traballo ten unha importante función integradora xa que xira en torno a Ruí, un neno con parálise cerebral severa para o que a música é unha boa terapia.

    clicade na portada do libro se queredes ter máis información

    Un dos temas deste libro é  “A BRUXA MARUXA”, co que imos traballar para aprender a bailar o vals.

    CLICADE NA BRUXA PARA ESCOITAR A CANCIÓN

    Aquí tendes un famosísimo vals, o da película “A bela durminte” de Disney, onde a princesa Aurora e o príncipe Felipe danzan con música de Tchaikovsky.

    E para rematar déixovos o vals máis famoso do mundo, “O Danubio azul” composto por Johann Strauss (fillo) no ano 1867. Trátase da versión ofrecida no Concerto de Aninovo do ano 2011 pola Filarmónica de Viena.