Musicreques participa no I Castelo Folk de Pontedeume

O próximo sábado 4 de xuño terá lugar o I Castelo Folk na localidade de Pontedeume. Este festival está organizado por ACRM Xente de aquí e de acolá de Nogueirosa e terá un montón de actividades incluíndo una actuación de Musicreques.



Representaremos "Iván e o lobo gris" ao aire libre nos arredores do Castelo de Andrade aproximadamente as 17:00 ou 17:30. Non volo perdades!

Iván e o lobo gris. Unha historia de medo para o Samaín

Xa falta pouco para que chegue o Samaín e, para aqueles que non o coñezades moito, recomendámosvos esta páxina con variados recursos para traballar cos nenos esta festa de orixe celta.  Pola nosa banda estamos a levar a diversas localidades da provincia de A Coruña unha fantástica historia de aventuras moi axeitada para esta época.   



"Iván e o lobo gris" é un conto baseado en distintas historias de orixe eslava no que o entrañable Iván ten que ir nunha difícil procura por un bosque cheo de misterios, onde hai lobos, animais encantados, árbores máis vivas do habitual e o peor de todo, una malvada bruxa que vai facer todo o posible para acabar con Iván e tódolos seus amigos.



O medo do noso amigo está moi presente durante todas as escenas da súa aventura, pero espero non desvelar demasiado se vos conto que, gracias ao amor e á amizade, Iván logrará saír airoso cumprindo a misión que lle encargou o Rei Otón e, por máis, tamén conseguirá un novo amigo e un gran amor.

Toda esta fantástica historia nárramola cos nosos monicrequeso mentras a música das Danzas Eslavas de A. Dvorak, interpretadas en piano a catro mans en directo, fai de fío condutor. 

Próxima representación o martes 20 de outubro ás 17:00 na Biblioteca de Mugardos (Avda de Galicia nº 68) .

Iván e o lobo gris. Unha historia de medo para o Samaín

Xa falta pouco para que chegue o Samaín e, para aqueles que non o coñezades moito, recomendámosvos esta páxina con variados recursos para traballar cos nenos esta festa de orixe celta.  Pola nosa banda estamos a levar a diversas localidades da provincia de A Coruña unha fantástica historia de aventuras moi axeitada para esta época.   



"Iván e o lobo gris" é un conto baseado en distintas historias de orixe eslava no que o entrañable Iván ten que ir nunha difícil procura por un bosque cheo de misterios, onde hai lobos, animais encantados, árbores máis vivas do habitual e o peor de todo, una malvada bruxa que vai facer todo o posible para acabar con Iván e tódolos seus amigos.



O medo do noso amigo está moi presente durante tódalas escenas da súa aventura, pero espero non desvelar demasiado se vos conto que, gracias ao amor e á amizade, Iván logrará saír airoso cumprindo a misión que lle encargou o Rei Otón e, por máis, tamén conseguirá un novo amigo e un gran amor.

Toda esta fantástica historia nárramola cos nosos monicreques mentras a música das Danzas Eslavas de A. Dvorak, interpretadas en piano a catro mans en directo, soa de fío condutor. 

Próxima representación o martes 20 de outubro ás 17:00 na Biblioteca de Mugardos (Avda de Galicia nº 68) .

Iván e o lobo gris

Aquí tedes outra mostra máis do que poderedes ver en "Iván e o lobo gris". Presentámosvos a o Rei Otón, o Lobo Gris e a Baba Yaga!






Por culpa dun deles o noso amigo Iván vaise ver metido nunha aventura na que poderá perder a súa cabeza e algo máis. Outro dos tres personaxes convertirase nun gran amigo e compañeiro de aventuras, e o terceiro... ai… o terceiro… para saber o que fai este último teredes que esperar á estrea.

Avanzamos no novo proxecto

Ola a todos! Xa fai un mes que escribimos por última vez e non queremos que pensedes que estamos a perder o tempo.

A verdade é que estamos a adicar estas datas a preparar o material do noso novo proxecto "Iván e o lobo gris" no que interpretaremos as Danzas Eslavas de Dvorak. Se non as coñecedes, recomendámosvos que o fagades de seguido porque non teñen desperdicio. Como son danzas, son moi rítmicas e as hai de moi distinto carácter mais todas transmiten moita enerxía e son moi alegres. Con toda seguridade aos nenos lles van encantar!

O traballo sobre o decorado marcha a bo ritmo e xa temos feito o bosque, a casa de Baba Yaga,  a maceira... Os que xa víchedes  "As aventuras de Quebranoces" poderedes observar que nesta ocasión o decorado vai ser algo máis complexo. Pensamos que vai quedar moi bonito. Como exemplo vos deixamos unha foto dun anaco do bosque no que Iván vivirá moitas aventuras.

Como vos adiantamos noutras entradas anteriores do blog, no conto haberá un lobo e unha bruxa, entre outros personaxes. O que non vos imos dicir agora é cal dos dous será o malo da historia. Rematará Iván nas fauces do lobo? o será tal vez a bruxa Baba Yaga a que tente comer ao noso protagonista?. Se queredes saber o que vai pasar teredes que ver o concerto. O guión quedou moi simpático e esperamos que vos riades un montón mentres descurre a historia. 

Xa falta menos para a data de estrea!