O grupo Tanxugueiras participou a pasada noite na 1ª semifinal do Benidorm Fest, e cunha actuación espectacular conseguiu clasificarse para a final, que se celebrará o sábado.
Etiqueta: MUIÑEIRA
-
TERRA
TANXUGUEIRAS é un trío de pandereteiras galegas formado por Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro.
Empezaron a cantar xuntas no ano 2016 e fixéronse famosas coa súa música a través das redes sociais.
Gravaron o seu primeiro disco no ano 2018.
O seu estilo é unha fusión de música tradicional galega con sons urbáns, mesturando así as pandeiretas con xeneros coma o trap ou a música electrónica.
Pese a levar poucos anos cantando xa deron concertos en diferentes paises e acumulan moitos premios.
O pasado ano fixéronse moi coñecidas porque son candidatas a representar a España no festival de Eurovisión 2022 cunha muiñeira chamada “TERRA”.
A finais deste mes de xaneiro saberemos se son elixidas coma as nosas representantes.
De conseguilo, sería a primeira vez que unha canción que non está en castelán nos representara no Festival de Eurovisión.
Vexamos o vídeo oficial da canción “Terra”.
Cantaremos a canción e acompañarémola con instrumentos tradicionais seguindo o musicograma.
-
CANTAMOS, TOCAMOS E BAILAMOS… A MUIÑEIRA!
A muiñeira é o máis característico dos ritmos da música tradicional galega.A orixe do nome fai referencia á palabra muiño, xa que arredor dos muiños, nos tempos da molienda, a xente dos pobos reuníase para levar o gran. Estas xornadas eran moi longas polo que convertíanse en festivas e unha das formas de pasar o tempo era cantando, tocando e danzando.Ás danzas que alí facían chamáronlle “muiñeiras”.Neste trimestre traballaremos con diferentes muiñeiras.



