Etiqueta: música tradicional

  • EU NON SEI


    Practicaremos as notas FA e MI coa frauta, tocando a canción tradicional galega “Eu non sei”.

    Eu non sei que pasou no muiño,
    eu non sei que debeu de pasar.
    Desde entón Maruxiña esta triste, 
    desde entón non fai máis que chorar.




  • LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO


    O 23 de febreiro celébrase o “Día de Rosalía”, e durante este mes traballaremos cun poema pertencente ao libro “Follas Novas”.


    A cantante Uxía Xenlle editou un libro-disco poñendo música a diferentes poemas de Rosalía de Castro, titulado “Rosalía pequeniña”.


    Traballaremos coa canción “Xan”, pero antes coñezamos un pouquiño máis a Rosalía coa seguinte canción.





    E agora imos co poema titulado “Xan”.




    Acompañaremos esta canción con cunchas de vieira.





  • TANXUGUEIRAS NO BENIDORM FEST

    O grupo Tanxugueiras participou a pasada noite na 1ª semifinal do Benidorm Fest, e cunha actuación espectacular conseguiu clasificarse para a final, que se celebrará o sábado.


    MOITA SORTE PARA A FINAL!



  • CANTAMOS, TOCAMOS E BAILAMOS… A MUIÑEIRA!


    A muiñeira é o máis característico dos ritmos da música tradicional galega.

    A orixe do nome fai referencia á palabra muiño, xa que arredor dos muiños, nos tempos da molienda, a xente dos pobos reuníase para levar o gran. Estas xornadas eran moi longas polo que convertíanse en festivas e unha das formas de pasar o tempo era cantando, tocando e danzando.

    Ás danzas que alí facían chamáronlle “muiñeiras”.

    Neste trimestre traballaremos con diferentes muiñeiras.





  • MUIÑEIRA DE CHANTADA


    A “Muiñeira de Chantada” é a peza máis famosa do repertorio dos gaiteiros galegos.

    Esta obra foi composta, no ano 1865, polos irmáns Manuel e Antonio Fernández, membros da Banda del Ferraias.

    A peza foi popularizada polos irmáns Cachafeiro, os Gaiteiros de Soutelo, que a gravaron no ano 1928.

    Déixovos aquí a interpretación desta peza, que fixo Carlos Núñez acompañado do grupo “The Chieftains”.



    Vexamos a intepretación desta danza tradicional.



     E agora un cambio total de estilo! 

    Fai dous anos, a escola de danza Media Punta de Vigo decidiu coreografiar a “Muiñeira de Chantada” a ritmo de hip hop.

    Con esta danza obtiveron a medalla de oro no Campeonato de España e tamén presentáronse ao programa Got Talent, donde tiveron gran éxito.





     ANIMÁDEVOS A PROBAR!