Etiqueta: Musicreques

  • A LANCHIÑA DO FLAMENCO

    MUSICREQUES presenta un novo conto musical para CONTAR e CANTAR.

    “A lanchiña do flamenco” é un conto para contar do 1 ao 10 no que os máis pequenos poderán coñecer moitos animais da selva.

    Por mor da chuvia a selva está chea de auga e hai moitos animais en problemas, máis o flamenco ten unha lanchiña e vai ao seu rescate.

    Serán demasiados animais para esa lanchiña?

    Caberán todos?

    Teredes que ver o conto ata o final para saber se son quen de chegar a terra firme sans e salvos.




    FANTÁSTICO CONTO MUSICREQUES!


  • Video da reportaxe sobre Musicreques de La Voz de Galicia

    Xa está disponible na nosa canle de Youtube o pequeno video incluído na versión dixital do artigo de Beatriz Antón en La Voz de Galicia do 22 de xaneiro de 2019.

    Esperamos que vos guste!


  • Visitade a canle de Musicreques en Youtube

    Sabedes que temos unha canle en Youtube? Alí podedes atopar varios videos dos nosos espectáculos e algunhas cancións para os rapaciños.

    Recentemente engadimos un pequeno video no que a bruxa Baba Yaga felicita o Samaín. Baba Yaga e o Samaín

    Non volo perdades!


  • Comezamos a andaina polos coles

    Este venres 26 de Outubro comezamos, polos coles de Ferrol, a nosa actividade de dinamización da lectura e fomento da música. Será un venres de cada mes no que Musicreques desprazarase aos centros educativos para representar o Contacontos Musical.

    O colexios participantes nesta actividade sen ánimo de lucro son os seguintes:

       *  Outubro: CEIP Cruceiro de Canido
       *  Novembro: CEIP Plurilingüe San Xoan de Filgueira
       *  Decembro: CEIP Almirante Juan de Lángara
       *  Xaneiro: CEIP de Ponzos
       *  Febreiro: CEIP a Laxe
       *  Marzo: CEIP Isaac Peral
       *  Abril: CEIP de Esteiro
       *  Maio: aínda por determinar

    A actuación deste venres será para 109 escolares de Infantil, que poderán gozar coas aventuras de “A tola de Lola”, “Pío e Pía”, “O caracol viaxeiro”, “A chicharra Dora”, “A lanchiña do flamenco”, “A galiña Carmiña” e “Contamos emocións”.
  • Podedes seguir a Musicreques no Facebook

    Coñecedes a nosa páxina de Facebook?


    No Facebook, ademáis de compartir as novas que colgamos no blog, tamén informamos dos cambios de datas nas actuacións, novos proxectos, etc. Se quererdes estar á ultima da actividade de Musicreques e non perdervos nada, recomendámosvos que vos fagades seguidores.

    Adiantámosvos que pronto compartiremos novas dun novo proxecto de Musicreques. Esperamos que vos guste tanto como os anteriores!