Etiqueta: NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA

  • NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA

    A obra de Edvard Grieg, “PEER GYNT” está formada por dúas Suites e esta peza é a derradeira da Suite nº 1.

    Representa a entrada de Peer na gruta onde vive o rei da montaña rodeado de monstruos e trolls.



    Ten dous temas que se van alternando e repetindo nun proceso de accelerando e crescendo ata chegar a un fortissimo piú vivo.

    Aquí vos deixo a partitura coa adaptación da melodía para que vaiades practicando. Máis adiante porei a partitura completa con todos os acompañamentos.




    Tamén vos deixo un texto para recitar coa música.

    Con coidado vou a entrar, vou a entrar, vou a entrar. Esta gruta é perigosa, podo esvarar.

    Monstruos, gnomos, duendes, trolls. Duendes, trolls, duendes, trolls. Monstruos, gnomos, duendes, trolls, pronto sairán.



  • XOGAMOS?

    Queredes xogar con Grotus?

    Grotus preséntanos un xogo sinxelo, para ir quentando, sobre o vídeo no que vimos á orquestra interpretar “Na gruta do rei da montaña”.








  • MISTERIO RESOLTO!!!

    Pois xa está resolto o misterio co que comezamos o curso na clase de música. Agora temos un novo amigo, si, si…, falo de Grotus que quixo presentarnos a súa música preferida “Na gruta do rei da montaña” e ao seu compositor favorito Edvard Grieg.

    Este curso aprenderemos moitas cousas sobre Edvard Grieg e sobre a súa obra máis famosa “Peer Gynt”.




    Unha vez leido o conto e como Grotus quixo presentarnos a obra coa melodía de “Na gruta do rei da montaña” non imos levarlle a contraria, non vaia ser que se enfade e empeze a comer nenos ou profes, farémoslle caso e traballaremos con ela facendo diferentes actividades.

    Empezamos vendo algúns vídeos que me parecen moi interesantes.