Etiqueta: O Quebranoces para bebés

  • O Quebranoces visitou Monfero

    O pasado 27 de novembro visitamos o Concello de Monfero para representar, dentro do programa “Espazo das familias” (antigo preescolar na casa), o noso espectáculo para bebés “O Quebranoces”. 

    Fixémolo nas instalacións do CPI Plurilingüe Virxe da Cela e contamos con numerosos rapaciños, xa que desta actividade, sufragada entre o concello de Monfero e a Deputación da Coruña, participan arredor dunha vintena de nenos e nenas de entre 0 e 3 anos. 

    Moitas grazas ao Concello de Monfero por contar con nós para esta actividade de que gozamos un montón.
  • Musicreques visitou Friol

    Hoxe actuamos no Centro Sociocultural de Friol para os rapaciños máis pequenos do Concello. Vieron acompañados dos seus pais e algún dos seus irmaciños para ver o espectáculo de O Quebranoces.

    O público, que estivo moi participativo, axudounos moito dando palmas para que o avión puidese voar, cantando a canción do corpo que nos ensinou o simpático ruso, e facendo o estribillo da canción das cores… Que ben o pasamos!

    E despois desta actuación en Friol, comenzamos a vacacións!. Voltaremos en Setembro ao traballo con novos proxectos. Ata pronto!
  • Musicreques visitou Friol

    Hoxe actuamos no Centro Sociocultural de Friol para os rapaciños máis pequenos do Concello. Viñeron acompañados dos seus pais e algún dos seus irmaciños para ver o espectáculo de O Quebranoces.

    O público, que estivo moi participativo, axudounos moito dando palmas para que o avión puidese voar, cantando a canción do corpo que nos ensinou o simpático ruso, e facendo o estribillo da canción das cores… Que ben o pasamos!

    E despois desta actuación en Friol, comenzamos a vacacións!. Voltaremos en Setembro ao traballo con novos proxectos. Ata pronto!
  • Musicreques actuou no Apego de Ourense

    Onte actuamos no Auditorio de Ourense dentro do programa Apego. Representamos “O Quebranoces para bebés” para unhas cen persoas entre pais, nais e rapaciños pequerrechos.

    Os nenos estiveron moi participativos e acompañáronnos en todas as nosas propostas de música e movemento. Despois achegáronse a tocar as campás que tanto lles chamaron a atención e viñeron a saudar a Quebranoces. 

    Foi un pracer poder visistar Ourense cun dos nosos espectáculos. Ata a próxima.