A vindeira semana celebraremos a festa tradicional do MAGOSTO.
Aquí temos unha canción para que a aprendan os peques do colexio.
Seguro que lles gusta moito!
Imos recibir á nova estación coa música de Antonio Vivaldi.
O compositor, naceu en Venecia no 1678 e morreu en Viena no 1741.
Vivaldi escribiu uns concertos para violín, que era o seu instrumento favorito, titulados "AS CATRO ESTACIÓNS", ou sexa que escribiu música para a primavera, verán, outono e inverno.