XOGAMOS CON PEDRO E O LOBO

Agora que xa coñecemos a todos os personaxes que forman parte da historia de "Pedro e o lobo" imos xogar un pouquiño.

PREPARADOS, LISTOS, XA!

 



PEDRO E O LOBO

Durante este trimestre en Educación Infantil traballaremos co conto musical "Pedro e o lobo", do compositor Serguéi Prokófiev.

Nesta historia cada personaxe está representado por diferentes instrumentos da orquestra sinfónica.

Empezaremos vendo a versión que fixo Disney desta historia.


No seguinte anuncio a música de Pedro e o lobo tamén é protagonista.

 


Xa coñecemos a historia de Pedro e os seus amigos e agora toca coñecer os instrumentos que tamén protagonizan o conto.

Premede na imaxe e prestade moita atención.