Etiqueta: Peer Gynt

  • A MAÑÁ

    Imos cumprir un desexo de Grotus, que na súa carta dicíanos que lle gustaría escoitar con nós a música do conto “Peer Gynt”, e comezaremos escoitando a música chamada “A MAÑÁ”.

    Faremos diferentes xogos e tocaremos instrumentos acompañando á orquestra que vemos no vídeo.

  • MISTERIO NO COLEXIO!

    Fai algunhas semanas apareceron no chan do colexio unhas extrañas pegadas.

    Estaban no corredor do 1º piso e parecía que ían cara a clase de música.

    Non sabiamos a quen podían pertencer eses pés tan extraños.

    Ao cabo duns días apareceron uns sobres pegados nas cadeiras da aula de música, con diferentes pistas.

    Abrimos os sobres, seguimos as pistas e atopamos diferentes cousas por todo o colexio.

    As pistas leváronnos a unha chea de cousas diferentes: 

    Todo era moi interesante e dimos diferentes ideas sobre quen era ese personaxe tan extraño, pero non chegamos a ningunha conclusión.

    Cando fumos a clase música a seguinte semana, apareceu unha mensaxe misteriosa.

    Abrímola e vimos que era unha carta que nos mandaba un troll chamado Grotus, que quería xogar connosco.

    Grotus explicábanos todo na súa carta!

    Pois… xogaremos con el! escoitaremos a música da que nos fala e aprenderemos moitas cousas sobre a historia de “Peer Gynt”.

  • NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA

    Con esta peza da obra “Peer Gynt” de Edvard Grieg estamos practicando a escala coa frauta.

    Déixovos os vídeos que vimos na clase e a partitura para que vaiades practicando.

    Que soen as frautas!

    E por último imos coa melodía.