Etiqueta: Peer Gynt

  • O RETORNO DE PEER GYNT

    “O retorno de Peer Gynt” forma parte da Suite nº 2 da obra de Edvard Grieg.

    Esta música representa a volta a casa de Peer Gynt nun barco veleiro. Unha gran tormenta  fai que o barco se afunda.

    Clica no barco para escoitar a melodía.







  • A MORTE DE AASE

    “A morte de Aase” forma parte da Suite nº 1 da obra “Peer Gynt” do compositor noruego Edvard Grieg.

    Os intrumentos da familia da corda frotada son os protagonistas na interpretación desta melodía, que representa a tristeza que supón para Peer Gynt a morte da súa nai.


    clica na imaxe para escoitar a música

    https://dl.dropbox.com/s/2scfnbih7oa5g3b/A%20MORTE%20DE%20AASE.swf?m=





  • FLASHMOB no metro de Copenhague

    Aquí vos deixo un flashmob, do que son protagonistas os músicos da Orquestra Filarmónica de Copenhague (Dinamarca).

    COÑECEDES A MELODÍA???





  • OS DERRADEIROS TROLLS!!!

    Para dar por rematado o traballo coa melodía “Na gruta do rei da montaña” aquí vos deixo os debuxos dos nenos de 3º.

    FIXERON UN GRAN TRABALLO!!!. Clicade na imaxe de Grotus para velos.




  • TROLLS E MÁIS TROLLS!!!

    Os nenos de 5 anos quixeron debuxar as aventuras de Peer Gynt dentro da gruta do rei da montaña. Aparecen moitos trolls e os debuxos son chulísimos. A ver se vos gustan!!!