Etiqueta: Sada

  • Musicreques actuou na nova normalidade co seu Contacontos Musical

    Onte, Musicreques viaxou ata o Concello de Sada para representar o Contacontos Musical dentro do programa Ler Conta Moito.  A actuación levouse a cabo con tódalas medidas de seguridade necesarias nestos tempo de pandemia, como o uso obragatorio de mascarillas, distancia de seguridade, control do aforo, uso de xeles desinfectantes, etc.



    Aínda que o público estaba máis lonxe e era menos do habitual, todo saiu perfectamente e, tanto nenos como maiores, participaron activamente das cancións, coreografías, adiviñas, palmas, etc. 

    Tivemos unha gran axuda por parte do técnico de luces e son, David, que nos facilitou crear o ambiente axeitado e que se escoitara todo perfectamente ben a pesar de que Loreto usara a súa mascarilla durante o Contacontos Musical.


    Moitas grazas ao Concello de Sada por contar connosco. Gustounos moito actuar ahí e esperamos volver pronto con outro dos nosos espectáculos!

    A próxima cita será o sábado 10 en Bergondo. Se non vos quederedes pedrer ningunha das nosas actuacións, recomendámosvos que vos fagades seguidores de Musicreques nalgunha das nosas páxinas de Facebook ou Instagram.

    Ata a próxima

  • O próximo sábado Musicreques actuará en Sada

    O próximo sábado día 3 de outubro Musicreques actuará na Casa da Cultura Pintor Lloréns do Concello de Sada. O espectáculo elexido é o Contacontos Musical, co que as crianzas, ademáis de gozar dos contos, poderán cantar, bailar, aprender moitas cousas e tamén coñecer a música de Satie, Chopin, Saint Saens, Brahms e moitos compositores máis.


    A cita é ás 18:30 e a entrada gratuita, máis hai que reservar entrada antes de ir porque o aforo é limitado. Non faltedes e veredes que ben o imos pasar!

    E se non vos podedes achegar nesta ocasión, non vos preocupedes… porque o sábado 10 viaxaremos ata Bergondo para facer a versión para bebés do Contacontos Musical. 

    Que ilusión!!!