Etiqueta: XAN

  • O MISTERIO DO CADRO DESAPARECIDO



    Como se achega a celebración do DÍA DE ROSALÍA, na aula de música estamos traballando cun poema da autora chamado “Xan”ao que puxo música Uxía Senlle. 


    A canción é tan bonita que Pepiño e Sargantana namoráronse de Rosalía e quixeron coñecela mellor. Para iso decidiron, esta fin de semana, facer unha viaxe ata a CASA MUSEO DE ROSALÍA.


    Alí visitaron todas as estancias da casa e o fantástico xardín. 


    Gustoulles todo moitísimo, pero o que máis lles impresionou foi o retrato de Rosalía que había na súa habitación. Era precioso!


    Cando xa marchaban atoparon na porta á un policia que lles informou de que o retrato de Rosalía acababa de desaparecer.


    Pepiño e Sargantana dixéronlle que eles, coa axuda dos nenos do colexio Cruceiro de Vilalonga, poderían axudar a buscalo. O policia aceptou a súa axuda, xa que era moi importante atopar o cadro desaparecido.


    COMEZA A AVENTURA!


  • LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO


    O 23 de febreiro celébrase o “Día de Rosalía”, e durante este mes traballaremos cun poema pertencente ao libro “Follas Novas”.


    A cantante Uxía Xenlle editou un libro-disco poñendo música a diferentes poemas de Rosalía de Castro, titulado “Rosalía pequeniña”.


    Traballaremos coa canción “Xan”, pero antes coñezamos un pouquiño máis a Rosalía coa seguinte canción.





    E agora imos co poema titulado “Xan”.




    Acompañaremos esta canción con cunchas de vieira.