Etiqueta: Xogos

  • ¿DÓNDE ESTÁN LAS LLAVES?

    Os pequenos do colexio aprenderán esta canción infantil tradicional e tamén a utilizaremos para facer un divertido xogo no que  haberá que buscar as chaves que estarán agachadas na aula de música.


    XOGO: Colocarémonos en roda, collidos das mans, e cantaremos a canción mentres a roda xira no sentido contrario ás agullas do reloxo.


    Cando rematen as estrofas a profe dirá o nome dun alumno que deberá sair da roda para buscar a chave pola aula. Se a atopa tena que poñer no medio da roda e a próxima vez que rematen as estrofas pode elixir a un compañeiro para que busque outra chave. Se non a atopa será a profe a que diga o nome doutro compañeiro para facer a busca a próxima vez.


    O tempo para buscar a chave será o que dure a parte instrumental, que estará representada por este gracioso reloxo.







  • SALVEMOS A SARGANTANA!

    Esta semana os nenos de Educación Infantil teñen unha gran responsabilidade, xa que deben axudar a Sargantana.

    Sargantana está en perigo!

    Cando viña de Cucurulandia, no seu foguete, caeu dentro do volcán da illa de A Palma. Non queda moito tempo para poder salvala.

    TEMOS UNHA MISIÓN!







  • SALVEMOS A PEPIÑO E A SARGANTANA!

    O alumnado de Educación Infantil ten unha importante misión.

    Pepiño e Sargantana foron secuestrados polo CORONAVIRUS, que quere contaxialos.

    Coa axuda da VACINA contra o virus salvarémolos.

    IMOS ALÓ!

  • SEGUIMOS XOGANDO CON PEDRO E O LOBO! AGORA FACEMOS PARELLAS!

    Repasaremos os personaxes da historia de “Pedro e o lobo” xogando a buscar parellas.

    MOITA ATENCIÓN! 




  • XOGAMOS CON PEDRO E O LOBO

    Agora que xa coñecemos a todos os personaxes que forman parte da historia de “Pedro e o lobo” imos xogar un pouquiño.

    PREPARADOS, LISTOS, XA!